PREMIO EXTRAORDINARIO DE BACHARELATO

  

A alumna Ana Souto Villanustre ven de obter o Premio Extraordinario de Bacharelato

convocado pola Consellería de Cultura, Educación e O. U.

Parabéns, Ana, por este novo éxito.

AXUDAS LIBROS DE TEXTO

Axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2013/2014.

Prema na imaxe para acceder á información da convocatoria:

MATRÍCULA CURSO 2013-14

   
ORDINARIA

 1º e 2º ESO – do 25 de XUÑO ao 4 de XULLO

 3º e 4º ESO – do 4 de XULLO ao 10 de XULLO

 1º e 2º BACHARELATO – do 4 de XULLO ao 10 de XULLO

 

EXTRAORDINARIA


 ESO E BACHARELATO – do 1 ao 10 de SETEMBRO
 

Preme nos documentos adxuntos para ver a documentación necesaria para a matrícula:

 
 1º ESO   2º ESO   3º ESO  
 4º ESO 
 1º BACHARELATO  
 2º BACHARELATO 

THE STORY UNFOLDS

 

 O alumnado de 1º ESO presentou aos compañeiros de 1º de primaria do CEIP de Pedrouzos uns contos en inglés acompañados dunhas ilustracións realizadas por eles mesmos.

Este traballo interdisciplinar promovido polos departamentos de Inglés e Debuxo vense desenvolvendo dende hai un mes e preséntase agora en dúas sesións ( 11 e 14 de xuño) ante un público excepcional que xa nesta primeira volta apreciou e agradeceu cos seus aplausos o esforzo do noso alumnado.

As historias contadas son:

SHARING A SHELL de JULIA DONALDSON

THE OWL AND THE PUSSYCAT de EDWARD LEAR

THE SNAIL AND THE WHALE de JULIA DONALDSON

THE SEALS de SHARRI MCGARRY

 
 

CADERNOS DA VIAXE A ESTREMADURA

O alumnado de 4º de ESO creou uns cadernos da viaxe a Estremadura en diveros formatos, para manter no recordo a saída de final de etapa que realizaron no mes de Marzo. Presentamos unha pequena mostra da calidade, diversidade e curiosidade dos cadernos presentados.

Pedagoxía ‘non curricular’ que achega a Brión o teatro de Bolaño

Unha ducia de alumnos do instituto, dirixidos polo grupo Os Quinquilláns, porán en escea, hoxe venres 31 de maio, ‘sketches’ de tres obras do dramaturgo no centro social polivalente.

http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago/ecg/pedagoxia-non-curricular-achega-brion-teatro-bolano/idEdicion-2013-06-01/idNoticia-809546/

ACTO DE REMATE DE CURSO DO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO

O vindeiro xoves 30 de Maio, ás 20:00 horas terá lugar no IES de Brión un acto de remate de curso do alumnado de 2º de Bacharelato. Convídase a comunidade educativa do IES de Brión a despedir á promoción que remata esta etapa de ensino.

DESEÑO E CONSTRUCIÓN DUNHA COCIÑA SOLAR

 

Por cuarto ano consecutivo o alumnado de Tecnoloxía Industrial I e Debuxo Técnico I desenvolveu un proxecto interdisciplinar, que desta volta xirou arredor do deseño e construción dunha cociña solar.

A proposta toma como punto de partida o proxecto desenvolvido no curso 2009/10 no que tamén se traballou no deseño e construción dunha cociña solar parabólica.

O actual proxecto parte da premisa de optimizar diferentes aspectos no seu deseño e construción, e aporta como principal novidade a incorporación dun reflector parabólico tipo Fresnel.

Podes atopar máis información no blog do proxecto.

   

   
O día 5 de xuño, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, fixemos café e chocolate.
 

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO EN 2º DE ESO

O martes, 28 e mércores 29 de Maio terán lugar as probas de avaliación de diagnóstico  (avaldia) das competencias lingüística, matemática, e a competecia no coñecemento e interacción co medio físico para o alumnado de 2º de ESO. As probas terán lugar durante as 4 primeiras sesións da mañán deixando espazo de lecer entre elas.

ENTREGA DE DIPLOMAS JUVENES TRANSLATORES

 

O pasado venres 24 de maio fíxoselle entrega dos correspondentes certificados ao alumnado de 2º de bacharelato que participou no concurso de tradución Juvenes Translatores organizado pola Comisión Europea.

Distribuir contido