VISITA AO CASTRO DE SAN CIBRAO

Os departamentos de Lingua Galega e Latín, organizan a visita ao Castro de San Cibrao de Las e Ribadavia para o  martes 28 de outubro de 9:15 a 18:00 horas para o alumnado de 3º de ESO.

DEREITO A FOLGA DO ALUMNADO DE SECUNDARIA

A dirección do centro ven de enviar ás familias do alumnado unha circular na que se dá cumprida información sobre o seu dereito a folga.

Accede ao documento

VISITA A SOTAVENTO

Os departamentos de Tecnoloxía e Bioloxía organizamos a visita ao Parque eólico experimental de Sotavento para o alumnado de 3º de ESO o pasado día 17 de outubro, para o estudo das enerxías renovables e coñecer o funcionamento dunha vivenda bioclimática.

REUNIÓN COAS FAMILIAS DE 1º E 2º DE ESO

Aprázase a reunión coas familias de 1º e 2º de ESO ata o martes 21 de outubro, ás:

  • 18:30 horas para 2º de ESO
  • 19:00 horas para 1º de ESO

Circular do comunicado ás familias

CALENDARIO ESCOLAR 2014/15

Setembro

15 Comezo do curso escolar 2014/15

Outubro

31 Día non lectivo. Día do Ensino

Decembro

8 Día non lectivo. Día da Inmaculada

22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30 e 31 Vacacións de Nadal

Xaneiro

1, 2, 3, 4, 5, 6 e 7  Vacacións de Nadal

Febreiro

16,17 e 18 Vacacións de Entroido

Marzo

20 Día non lectivo. Celebración de San Xosé

30 e 31 Vacacións de Semana Santa

Abril

1, 2, 3, 4, 5 e 6 Vacacións de Semana Santa

Maio

1 Día non lectivo. Festa do traballo

14 Día non lectivo. Ascensión

15 Día non lectivo. Establecido como non lectivo polos centros educativos do concello.

Xuño

19 Remate das clases

Calendario escolar 2014/15 no DOG

INICIO DO CURSO ESCOLAR 2014/15

O alumnado principiará o curso académico 2014/15 segundo o seguinte calendario:

15 de setembro ás 12:00 h. Presentación do alumnado de 1º e 2º de ESO.

16 de setembro ás 10:00 h. Presentación do alumnado de 3º e 4º de ESO.

16 de setembro ás 12:00 h. Presentación do alumnado de 1º e 2º de Bacharelato.

17 de setembro ás 08:25 h. Inicio das sesións lectivas en horario ordinario.

SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA DO IES DE BRIÓN PARA O CURSO ESCOLAR 2014/2015. ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.

A licitación do servizo de xestión e explotación da cafetería do IES de Brión para o curso escolar 2014/15 resolveuse coa adxudicación do contrato a Dna. Ana Cristina Pérez Maroño.

ENTREGA DE NOTAS

Entrega de notas

Avaliación ordinaria de xuño

Mércores, 25 de xuño ás 11:00 horas

Non haberá transporte escolar

COCIÑAS SOLARES. DE NOVO!

O pasado luns 16 de xuño o alumnado de 3º ESO, 4º ESO e 1º Bach participou nunha sesión de traballo ao redor da construción e uso de cociñas solares organizada polos departamentos de Tecnoloxía e Debuxo.

Nesta sesión desenvolvéronse diversos aspectos teóricos e técnicos sobre este tipo de cociñas solares con reflector parabólico, e ao fin tivemos tamén a oportunidade de compartir un chocolate feito nunha delas.

Estas cociñas foron construídas por alumnado de bacharelato que cursou Tecnoloxía Industrial I e Debuxo Técnico I nos cursos 2009/10 e 2012/13.

Máis información sobre os proxectos en:

  

FERNANDO VÁZQUEZ EN RADIO emBRIÓN

Fernando Vázquez, adestrador do Deportivo, visitou o noso instituto para ser entrevistado polos membros do Traveseiro de RADIO emBRIÓN.

Para acceder á nova preme na ligazón: Fernando Vázquez en RADIO emBRIÓN

Distribuir contido