RADIO emBRIÓN ENTREVISTA A ALFREDO CONDE

O alumnado de 1º de ESO A, na materia de Proxecto Interdisciplinar, entrevistou a Alfredo Conde. Mariño, político, debuxante, libreiro, bancario… di que foi todas estas cousas para poder ser o que quería ser desde neno, escritor.

Accede á entrevista

RADIO emBRIÓN ENTREVISTA A ARMANDO PATIÑO

Catro alumnos de 2º de ESO A entrevistaron a Armando Patiño, responsable da Biblioteca Municipal de Brión e colaborador da biblioteca deste centro. Armando falou fundamentalmente de libros pero tamén de cine e doutras cousas interesantes que podemos atopar nunha biblioteca.

Accede ao audio

O IES de Brión participa na "I Competición de Robots" da EEI da Universidade de Vigo

  

.

O venres 24 de abril tres equipos do IES de Brión, formados por alumnado de Tecnoloxía e Informática de 4º de ESO e TIC de 1º de Bacharelato, participarán na "I Competición de Robots" organizada pola Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.

Na competición participarán un total de 100 equipos de toda Galicia.

AGUEIRO

Neste curso 2014/15 o IES de Brión incorporouse plenamente á rede social educativa Agueiro, logo de participar o pasado curso nunha primeira fase de posta en marcha como centro piloto.

Agueiro é unha plataforma en liña que combina un sistema de portafolios cunha comunidade virtual. Permite que tanto docentes como alumnos teñan un papel activo na apredizaxe. Facilita a xestión de grupos de traballo e a aprendizaxe colaborativa.

O profesorado interesado recibiu formación no contexto dun PFPP (Plan de Formación Permanente de Profesorado) desenvolvido no centro estes dous últimos cursos.

Neste momento xa son varios os departamentos que xestionan parte do traballo co seu alumnado a través de Agueiro. Esperamos que o número de usuarios desta rede social aumente nos vindeiros cursos.

Alumnado viaxeiro

Blog da viaxe fin de etapa de 4º de ESO.

Blog do alumnado viaxeiro do IES de Brión

No blog inclúese unha galería de fotos do grupo na viaxe.

Obradoiro de cociñas solares

O día 23 de marzo desenvolveuse no IES de Brión un obradoiro sobre cociñas solares. Esta actividade enmárcase no ciclo de charlas e obradoiros organizados polo CEIP de Pedrouzos arredor do Día da Muller, e na celebración do Ano Internacional da Luz.

Neste obradoiro alumnado de 3º de ESO e 1º de Bacharelato que cursa as materias de Tecnoloxía Industrial e Debuxo Técnico, explicou ao alumnado de 6º de primaria o funcionamento das cociñas solares. Trataron aspectos relativos ao deseño, á construcción, ao aproveitamento enerxético e as dimensións socioeconómica e medioambiental.

A partir das cociñas construídas no centro nos cursos 2009/10 e 2012/13, o alumnado de primaria tivo a oportunidade de construír o seu propio reflector.

Paralelamente, e a pesar do pouco que se deixou ver o Sol nesta mañá da recén estreada primavera, fíxose unha demostración do funcionamento deste tipo de cociñas, fervendo auga e... cocendo un ovo!

A INDIFERENCIA NON É UNHA OPCIÓN

O Departamento de Orientación e a Vicedirección do IES veñen de programar para o alumnado de 1º e 2º de ESO un obradoiro de igualdade de xénero impartido pola Cruz Vermella baixo o título "A indiferencia non é unha opción".

O calendario do obradoiro é como segue:

1º de ESO: días 16 e 17 de marzo (4 sesións cada grupo)

2º de ESO: días 25 e 26 de marzo (4 sesións cada grupo)

ENTREVISTA AO XUÍZ LUÍS VILLARES NAVEIRA EN RADIO emBRIÓN

Erica González, Lucía Adeva, Marina González e Ricardo Freire de 2º de Bacharelato, coordinados polos profesores Suso Sambade e Laura Fernández entrevistaron ao Xuíz Titular do Xulgado Contencioso-Administrativo nº 2 de Lugo, Luís Villares Naveira. Villares, que xa exerceu anteriormente na Fonsagrada, no TSX do País Vasco e na Audiencia Nacional, é ademais coordinador da asociación Xuíces para a Democracia en Galicia e membro da Irmandade Xurídica Galega que defende a normalización do uso do galego na xustiza.

Accede á entrevista en RADIO emBRIÓN

BRIÓN EN FOTOS: UNHA MEMORIA VISUAL DO S. XX

Dende o venres 27 de febreiro, o IES de Brión acolle a exposición “Brión en fotos: unha memoria visual do S. XX”, unha interesante mostra que escolma unha selección de imaxes do Brión que foi e que non queremos esquecer.

Tras un laborioso traballo de recompilación de fotografías antigas do municipio no que participaron veciños de todas as idades, a asociación "O Esquío no Piñeiro" logrou reunir un destacado arquivo visual de máis dun milleiro de imaxes, complementadas polas fotografías reunidas durante anos pola Casa da Cultura e a Biblioteca Pública Municipal de Brión. Todas son fotos antigas achegadas por brioneses e brionesas que reflicten a vida cotiá do concello dende comezos do S. XX ata mediados dos anos setenta do século pasado.

Rescatadas de caixóns e vellos albumes, unha selección destas imaxes foi reproducida no libro “Brión en fotos: unha memoria visual do S. XX”, unha publicación da asociación ”O Esquío no Piñeiro” realizada coa colaboración da Dirección Xeral de Mocidade e Voluntariado, que recentemente foi reeditada polo Concello de Brión.

Esta mostra, que dende o venres pode verse no IES de Brión, reúne vinte láminas de gran tamaño onde se reproducen algunhas das imaxes recollidas na publicación.

CHARLA SOBRE AS PAU E A USC

18/03/2015 13:15
18/03/2015 14:05

O departamento de Orientación organiza unha charla sobre as probas de acceso á Universidade (PAU) e ramas de coñecemento para o alumnado de 2º de Bacharelato o mércores 18 de marzo de 13:15 a 14:05 horas na aula de usos múltiples do instituto

Distribuir contido