EXCELENTES RESULTADOS DOS ROBOTS DE BRIÓN NA COMPETICIÓN ESCOLAR DE ROBÓTICA DA OSHWDEM
Enviado por Anónimo o Ven, 06/11/2015 - 00:51Durante a mañá do xoves 5 de novembro o alumnado de Tecnoloxía de 4º ESO e Debuxo Técnico e Tecnoloxía Industrial de 1º de Bacharelato participou na Competición Escolar de Robótica OSHWDem 2015, que tivo lugar na Domus da Coruña. Desde o instituto participaron catro equipos en dúas categorías (1 libre e 3 renacuajo) na competición denominada como segueliñas. |
Robots finalistas da competición |
Robot deseñado polo alumnado de 1º de Bacharelato |
Despois de dúas roldas eliminatorias, os catro equipos de Brión conseguiron clasificarse para a final, quedando entre os seis primeiros. Na categoría renacuajo os 3 equipos de Brión, quedaron nos 1º, 2º e 3º postos. Na clasificación xeral, o robot deseñado e construído polo equipo de 1º de Bacharelato acadou un estupendo 2º posto.
|
A nova na prensa:
O seguimento da competición no twitter da OSHWDem:
Parabéns para todo o alumnado de Brión participante.
COMPETICIÓN DE ROBÓTICA ESCOLAR DA OSHWDEM
Enviado por Anónimo o Mér, 04/11/2015 - 23:12O alumnado de Tecnoloxía de 4º de ESO e de Debuxo Técnico e Tecnoloxía Industrial de 1º de Bacharelato participan o xoves 5 de novembro na Competición Escolar de Robótica OSHDem 2015 na Domus en A Coruña, organizada por BricoLabs.
A OSHWDem é un evento con filosofía BarCamp sobre electrónica e Open Source Hardware.
VI DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Enviado por Anónimo o Mér, 04/11/2015 - 21:00O Equipo de Dinamización Lingüística en colaboración co Departamento de Bioloxía e TIC organizan a Videoconferencia "A máquina que constrúe a mente e a realidade" impartida por Xurxo Mariño, para o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato de Ciencias.
A videoconferencia tivo lugar o mércores 4 de novembro de 12:30 a 13:30 h. na aula de usos múltiples do IES de Brión e responde á proposta da Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización e Dinamización Linguística de celebración do VI día da Ciencia en Galego.
Xurxo Mariño Alfonso é biólogo e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela, profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña.
Visita ao Parlamento de Galicia
Enviado por Anónimo o Mar, 03/11/2015 - 11:13O Departamento de Filosofía e o Equipo de Dinamización Lingüística organizan unha visita ao Parlamento de Galicia para o alumnado de 2º de ESO o martes, 15 de decembro de 11:00 a 13:30 horas.
Exposición FiloComic
Enviado por Anónimo o Lun, 26/10/2015 - 17:54A exposición FiloComic estará durante tres semanas na sala de exposicións do noso IES.
Podedes atopar a información relativa ao contido da exposición na ligazón que aparece debaixo da fotografía da sala de exposicións.
TALLER DE INTRODUCIÓN Á PROGRAMACIÓN
Enviado por Anónimo o Xov, 01/10/2015 - 17:31
O día 15 de outubro tivo lugar no IES de Brión a actividade "Talleres de introdución á programación", para o alumnado de 2º e 3º de ESO dentro do programa DÍA DO CÓDIGO NO TEU COLE. EDUCAR PARA INNOVAR, da SEMANA EUROPEA DA PROGRAMACIÓN, organizada pola Deputación da Coruña, a UDC e Europe Direct.
A nova na prensa:
El Correo gallego, publicou: "A semana europea da programación busca desde Brión talento"
Código cero, publicou: "Un cento de estudantes de Brión metéronse de cheo na programación"
PRESENTACIÓN DO ALUMNADO. 2015/16
Enviado por admin o Mar, 08/09/2015 - 21:12
O vindeiro martes 15 de setembro terá lugar a presentación do curso e recepción do alumnado.
Levarase a cabo en tres quendas:
Alumnado | Horario | Porta de acceso |
1º e 2º de ESO |
de 11:45 a 12:30 |
porta principal |
1º e 2º de Bacharelato |
de 12:00 a 12:45 |
porta do patio |
3º e 4º de ESO |
de 12:15 a 13:00 |
porta principal |
Nota: Haberá transporte escolar.
O mércores 16 de setembro darán comezo as clases no horario habitual de 08:25 a 14:05.
MATRÍCULA PARA O CURSO 2015/16
Enviado por admin o Ven, 26/06/2015 - 17:55Curso: |
Datas: |
1º e 2º de ESO |
do 25 de xuño ao 1 de xullo |
3º e 4º de ESO |
do 2 ao 7 de xullo |
1º e 2º de Bacharelato |
do 8 ao 10 de xullo |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- …
- seguinte ›
- última »