RESEÑAS actividades
DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA 2022
DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA: COÑÉCEAS! 2022
Felicitación de Nadal 2021 - Departamento de Música
NON É AMOR: VIOLENCIA DE XÉNERO E XUVENTUDE NEGACIONISTA
VIOLENCIA DE XÉNERO E XUVENTUDE NEGACIONISTA Nun recente informe de Save the Children titulado "Non é amor", afírmase que o negacionismo da violencia de xénero entre a mocidade nos últimos anos vai en aumento e é moi preocupante. Pódese observar como as relacións afectivas entre adolescentes anticípanse cada vez máis establecendo vínculos non igualitaros e abusivos que se fundamentan na subordinación e no control. Desde o IES EBA estamos convencidos de que a educación é unha ferramenta clave para loitar contra o sexismo e a violencia en calquera das súas formas, e por iso, pretendemos que o noso alumnado aprenda, desde moi novo, a identificar e erradicar este tipo de actitudes e comportamentos. Coa pretensión de introducir valores igualitarios e libres de prexuízos e de estereotipos sexistas, queremos facilitarlles modelos de relación baseados na igualdade durante todas as etapas educativas. Por iso, todo o centro: equipo directivo, departamento de orientación, profesorado e persoal non docente, solicitamos a axuda das familias para que este proxecto non se convirta nunha simple efeméride dun día e teña continuidade durante o resto do curso. |
|
Premendo na imaxe pódese acceder ao álbum de fotos, ao que se irán engadindo máis nos próximos días. |
GAÑADORAS CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR
O pasado venres, 5 de novembro, entregamos na Biblioteca os premios do “Concurso de Microrrelatos de Terror”. Podedes ler os microrrelatos no BLOG |
||
|
||
Estas son as alumnas gañadoras: |
||
Rocío Fernández Díaz (1ºESO-B) |
Elena Sierra Balseiro (4ºESO-A) |
Ainhoa Rodríguez Salgado (1ºBAC-A) |
Agradecemos á ANPA a súa colaboración |
![RSS - RESEÑAS actividades Distribuir contenido](/centros/iesblancoamorculleredo/misc/feed.png)