Evitar navegación.
Principal

Información xeral dos cursos impartidos

 Curso 2013-14

Iniciación Profesional á Electricidade e á Electrónica (I.P.E.E.)

Grupo mixto formado por alumnado de 3ºB e 3ºFDiv

Grupo mixto formado por alumnado de 3ºC e 3ºE

Materia de marcado carácter práctico e traballo en equipo (por parellas), o único traballo individual é o exame trimestral no que a avaliación continua permite seguir o progreso de cada alumno. 

A materia divídese en 3 grandes bloques temáticos:

Electricidade básica.

Desde as ferramentas e as normas de seguridade ata as leis fundamentais da electricidade e traballo con magnitudes na resolución de problemas prácticos.

Electricidade na vivenda

Montaxe dos circuítos típicos presentes nunha vivenda, interpretación e realización de esquemas eléctricos, factura eléctrica e consumo.

Electrónica básica

Compoñentes electrónicos básicos, emprego do simulador para a montaxe e interpretación de circuítos sinxelos que responden a situacións reais.

A programación didáctica completa e todos os contidos a desenvolver na materia atópanse na Aula Virtual aberta do curso.



Informática

Angel Acción:

  • Grupo completo, informática troncal, itinerario 3: 4º B
  • Grupo mixto formado por alumnado de 4ºC e 4ºD, informática optativa, itinerarios 1 e 2.

Gumersindo Fernández:

  • Grupo mixto formado por alumnado de 4ºA e 4ºDDiv, informática optativa, itinerario 1 e grupo de diversificación

Materia de carácter práctico e traballo en equipo (por parellas) a través dun Aula Virtual onde teñen aloxadas as prácticas, os recursos educativos, os foros de dúbidas, os prazos de entrega e as cualificacións de cada un dos traballos co comentario correspondente do profesor. A toda esta información accédese desde calquera lugar con conexión a internet co que os alumnos poderán compartir esta información cos seus pais (un alumno non pode ver as calificacións dos seus compañeiros). A programación didáctica está publicada na súa totalidade na A.V. aberta do curso.

1º Trimestre: Aula Virtual: autenticación, temas, tarefas, cualificacións, foros. Correo electrónico Gmail. Documentos de texto e Presentacións colaborativas con Google Drive. Redes Sociais: Círculos e Comunidades de Google. Creación de contidos audiovisuales con aplicacións online. Creación e mantemento dun Blog persoal en Blogger. Búsqueda de información en internet.

2º Trimestre: Google Maps. Participación activa nas Redes Sociais dos grupos sobre temas de carácter social. Edición de imaxe con aplicacións online. Folla de Cálculo, Retoque fotográfico con Gimp. Obxectos en 3D. Realidade Aumentada. Programación. Apps de Android. Publicación de todas as actividades realizadas no Blog persoal.

3º Trimestre: WebQuest sobre códigos QR (tratando a seguridade e identidade dixital nas Redes Sociais). Creación de imaxes interactivas. Edición de son. Edición de vídeo. Supervisión e maquetado final do Blog persoal: tema, entradas, widgets, etiquetas, páginas, banner, etc.