Evitar navegación.
Principal

2ª FORMACIÓN DE ÁRBITROS CO ALUMNADO 1º E 2º ESO

O martes 14 de marzo tamén chegou a tan esperada 2ª formación para nós, alumnado de 1º e 2º ESO, nesta destacamos outra vez a presenza de RUBÉN EIRIZ e neste caso contamos con DIEGO SÁNCHEZ ROJO actualmente árbitro asistente Internacional FIFA e de 1ª DIVISIÓN, ademais este ano foi premiado como o mellor asistente de 1ª División, destacamos os partidos de Champions League e Europa League, finalizando esta presentación en que o ano pasado estivo na final da Copa do Rey.

Nesta sesión tamén nos acompañaron dende o Concello de Culleredo que sen eles isto non podería saír adiante. 

Moitas grazas a todos/as por facer que IES EBA sexa un centro de formación para moitos/as de nós!!