Evitar navegación.
Principal

Plan de Centro APRENDIZAXE-SERVIZO Centro de Día O Burgo

   

Plan de Centro APRENDIZAXE-SERVIZO Centro de Día O Burgo: O RURAL DOS NOSOS MAIORES.

Durante o mes de marzo o alumnado de Proxecto Competencial de 1ºESO realizou pequenos obadroiros de xardinería mentres entrevistaron aos maiores sobre as súas experiencias no rural: cultivos, gandaría, épocas das colleitas, alimentación e procesado dos recursos, feiras, festas patronais e da súa vida en xeral. As actividades desenvolvéronse en grupos mixtos (alumnado e maiores) e consistiron na plantación de bulbos de begonias e gladiolos e de amorodos.

O último día sorprendéronos cun bingo musical onde tanto pequenos como maiores pasamos un bo rato.

TEMOS TODAS AS IMAXESNO BLOQUE DA MARXE ESQUERDA DA PÁXINA "Galerías de FOTOS", menú "Google Fotos" álbum "Plan de Centro APRENDIZAXE-SERVIZO Centro de Día O Burgo"

Tamén se pode acceder premendo na imaxe.

SEGUIREMOS ENGADINDO MÁIS NAS PRÓXIMAS VISITAS