Evitar navegación.
Principal

ENTROIDO NO IESEBA

O venres 17 de febreiro celebramos  “O ENTROIDO”, como cada ano temos unha temática de referencia e neste 2023 “PELÍCULAS DO 1998”. 

Cada grupo de forma voluntaria participou na coreografía elixida, neste caso grazas a un traballo interdisciplinar que se realizaba dende as sesións de titoría e se levou a outras áreas.

Neste evento traballamos contidos de ritmo, coordinación, movemento corporal e expresivo, os cales teñen unha relación directa para a MELLORA DA SAÚDE, incidindo no benestar da saúde emocional das persoas. Incluso si miramos outras fontes como a psicoloxía, atopamos técnicas terapéuticas activas nas que utilizan a linguaxe corporal e o movemento como parte importante do tratamento. 

As imaxes adxuntas mostran un traballo coreográfico por grupos de alumnado e por profesorado. Polo que agradacemos ao conxunto tanto de alumnos/as como docente que participaron na organización do evento para que isto saíra adiante. Moitas grazas a todos!!