Coñéceas! 2023 ASEICA
|
|
DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA 2023
Un ano máis o 8 de febreiro, o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO e 1º Bacharelato asistiron á nova edición de Coñéceas!, actividade organizada para centros educativos de toda España pola asociación Aseica (Asociación Española de Investigación sobre el Cáncer) para celebrar a semana do "Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia".
"As detectives do cancro" co seu labor investigador animan especialmente ás alumnas a afondar no interese pola ciencia. As investigadoras Andrea Estrella Arias e María de la Fuente do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago e Jana Crespo investigadora no CIC BIOGUNE de Bilbao foron o noso exemplo. Andrea acudiu presencialmente e María e Jana interactuaron cos grupos por videoconferencia.
Grazas pola vosa participación!
TEMOS MÁIS IMAXES, NO BLOQUE DA MARXE ESQUERDA DA PÁXINA "Galerías de FOTOS", menú "Google Fotos" álbum "Coñéceas! 2023 ASEICA"
Tamén se pode acceder premendo na imaxes
|
|
|
|