Evitar navegación.
Principal

PROBAS ACREDITACIÓN NIVEL LINGUA ESTRANXEIRA

 

Comunicámoslles que temos feito un acordo con Trinity para facer as probas de adquisición de nivel lingüístico.

A semana do 10 ao 13 de xaneiro de 2023 terán lugar os exames orais.

O alumnado conectarase por videoconferencia cos examinadores da entidade en Reino Unido, que serán os que os avalíen. Unha persoa de Trinity acudirá ao centro para regular o proceso.

As probas escritas terán lugar o 18 de xaneiro de 2023 de 10:00 a 12:00 horas na aula de Usos Múltiples do instituto. Un representante de Trinity estará presente durante as mesmas.