Evitar navegación.
Principal

Visita de docentes italianos ao noso centro

Os días 13, 14 e 15 de outubro está prevista a visita de catro docentes procedentes de Italia, concretamente da rexión de Calabria.

Esta visita enmárcase dentro dun Proxecto Europeo (Erasmus plus Proyect) que se basea na formación dos profesores mediante un Job-Shadowing (ver como traballan noutros centros). Neste caso está especialmente interesados en ver como se traballa, organiza e se imparte clase nos institutos españois.

Pedíronnos que lles facilitemos unha vista ao noso centro para coñecer o seu funcionamento. Por iso, durante os días mencionados os docentes italianos asistirán como espectadores a varias clases, e informaráselles sobre o funcionamento, os recursos e as medidas  (tanto pedagóxicas como organizativas) que están implementadas no noso instituto.