Evitar navegación.
Principal

DESMENTIDO COVID

A través dalgúns correos soubemos que se está difundindo entre as familias unha información que é absolutamente falsa, relativa ao número de afectados por COVID neste centro.

A realidade é que, a día de hoxe, Sanidade  unicamente nos confirmou un caso positivo.

Posteriormente soubemos doutro caso a través da familia do enfermo/a, pero que aínda non foi confirmado por Sanidade.

En ambas as situacións non había ningún risco para ningún membro da nosa comunidade educativa. Por iso Sanidade non puxo en corentena a ningunha persoa, nin nos pediu informes sobre seguimento do protocolo.

Pedímoslles que non dean crédito a informacións non contrastadas e irresponsables, e que permanezan tranquilos ata que nós contactemos cos afectados seguindo as instrucións de Sanidade se aparecese algún novo positivo ou houbese que poñer en corentena a algunhas persoas.

Para coñecer como están afectados  os centros de ensino de Galicia polo coronavirus poden consultar o seguínte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

De todos os xeitos, se teñen algunha dúbida poden dirixirse ao correo do centro: ies.blanco.amor.culleredo@edu.xunta.es, ou ao do equipo Covid equipo.covid@iesblancoamor.com, onde lles será debidamente aclarada.

Teñan en conta tamén, que diariamente recibimos moitas consultas e non todas poden responderse coa inmediatez que nos gustaría.

Un cordial saúdo

Carmen  Rodríguez- Trelles  Astruga

Directora

Coordinadora do Equipo Covid