Evitar navegación.
Principal

NOVOS AVISOS - INICIO DE CURSO 2020-21

1. Solicitude cambio de grupo :

As solicitudes de cambios de grupo, tal e como temos establecido ao longo de estes pasados cursos, debe facerse entre os días 5 e 9 de outubro.

A solicitude debe facerse mediante correo electrónico argumentando os motivos, co fin de dar tempo aos seus fillos a adaptarse á nova situación.

 

2. Indicacións xerais para empezar o curso:

•O alumnado debe acudir ao centro cunha máscara correctamente colocada e unha de reposto. Tamén deben traer unha caixa de panos desbotables e xel hidroalcohólico para o seu uso persoal.

•O alumnado debe vir a clase provisto de todo o seu material escolar, rotulado cos seus datos,  xa que non se pode compartir material con ningún compañeiro.

•Deberá traer a declaración responsable de autoavaliación diaria, asinada pola familia, o primeiro día de clase co titor despois da presentación.

•Deberá traer o carné escolar (ou unha foto cos seus datos: nome, apelidos, curso e grupo) para entregar ao titor e así actualizar dito carné para o presente curso 2020-2021

•Non poden quedarse a comer no centro os luns ao mediodía a non ser que sexan usuarios do comedor escolar.

•De momento non funciona a cafetería do centro polo que deben traer auga e/ou merenda se o consideran oportuno.

 

NON SE PODE ACUDIR AO CENTRO CON SINTOMAS COVID: máis de 37.5 de febre, tose seca, dificultade respiratoria, fatiga severa, dor muscular, falta de gusto e/ou olfacto, diarrea