AVISO ALUMNADO 2º BACHARELATO
As tarxetas coas cualificacións das probas ABAU chegarán ao centro aproximadamente entre o 25-28 de xuño (anteriormente serán notificadas vía correo electrónico a cada interesado).
Publicaremos na web o aviso de recollida en canto as teñamos no instituto.
Se tedes de nota media 8,75 nos dous cursos de bacharelato, podedes optar aos premios extraordinarios de bacharelato.
Podedes facer a solicitude en liña na sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente, en calquera dos lugares en rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
O impreso podedes sácalo na sede electrónica ou pedilo en Administración do instituto.