YouTubeImaxe de twitter Imaxe de facebook
30 anos!
Selo europeo das linguasUnion Europe

CM Excavacions e Sondaxes

 

Ciencias naturais

................................................................................................................

Programación do Depto. de Ciencias Naturais (Curso 2023-2024)

 

O Departamento de Ciencias Naturais está constituído por:

 

  • Xosé Palacio Perulero (Xefe de Departamento):

 

Recollida de cabichas con Adega

Durante a mañá do martes 7 de Maio, o alumnado de FpbI realizaron una saída coa asociación ecoloxista Adega, durante a que realizaron un roteiro na contorna do instituto para recoller cabichas e outros restos plásticos.

No noso compromiso por fomentar a conciencia ambiental e a responsabilidade cidadá, os departamentos de Ciencias Naturais e Física e química organizaron esta actividade co obxectivo de sensibilizar sobre a importancia de manter limpo o noso contorno e contribuír á preservación do medio ambiente.

Esta actividade non só buscou limpar a área, senón tamén educar sobre os efectos negativos do tabaco na saúde e no medio ambiente.

Agradecemos a colaboración de todo o alumnado e o compromiso do equipo docente nesta actividade. Xuntos, podemos marcar a diferenza e contribuír a un mundo máis limpo e saudable.

 

Álbum: Curso 23/24 -> Recollida de cabichas con Adega

Visita ó Pico Sacro

O pasado 26 de febreiro, as alumnas e alumnos de 1º de Bacharelato matriculados en Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais, en Cultura Científica e mais no CMdual de excavacións e sondaxes,visitaron o Pico Sacro no Concello de Boqueixón, guiados polo xeólogo Fran Canosa.

Realizaron un roteiro xeolóxico-didactico no que aprenderon aspectos sobre a orixe xeolóxica de Galiza e a formación do propio Pico Sacro (do seu relevo, a súa petroloxia, e sobre xeomorfoloxía e a formación das covas naturais que presenta).

Desde o cumio do Pico Sacro contemplamos as formacións xeolóxicas e a paisaxe nunha visión de 360º, así como unha vista xeral da explotación á ceo aberto da mina de Serrabal, sempre coas interesantes explicacións de Fran Canosa.

Previamente, viñeran de realizar no laboratorio do instituto un obradoiro de mineraloxía, no que coas explicacións do xeólogo puideron observar de preto as diferentes propiedades que nos permiten diferenciar os diferentes minerais que nos rodean.

 

Álbum: Curso 23/24 -> Visita guiada Pico Sacro

VISITA AO CiQUS DA USC

O venres 27 de Outubro, o alumnado de 2º de Bacharelato matriculado en Bioloxía e en Química visitou o CiQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica y Materiais Moleculares) da Universidade de Santiago. O CiQUS forma parte da Rede de Centros Singulares de Investigación do Campus de Excelencia Internacional–Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela, que centra os seus obxectivos científicos na aplicación de estratexias transdisciplinares para a resolución de problemas cientificamente relevantes no ámbito da química biolóxica e no desenvolvemento de novos materiais. https://www.usc.es/ciqus/es

Asistimos a unha charla-presentación sobre a rede de centros singulares de investigación no marco do Sistema Universitario de Galicia, as liñas de investigación do CiQUS, os proxectos de en colaboración internacional que desenvolven, os seus programas de atracción de talento e a transferencia de coñecemento aos sectores público e empresarial.

Visitamos varios laboratorios de técnicas instrumentais para presenciar “in situ” como desenvolven a súa actividade e coñecer algúns fundamentos básicos de varias técnicas de análise química e biolóxica: Electroforese, Espectrometría de Masas, Resonancia Magnética Nuclear (NMR) e Microscopía óptica de Fluorescencia (vimos células canceríxenas en división tratadas con fármacos oncolóxicos).

Tamén estivemos no laboratorio do grupo de investigación do profesor Eduardo Fernandez-Megía, onde o seu persoal introduciunos de xeito didáctico nunha das súas liñas de investigación máis punteiras: “Síntese de dendrímeros e nanoestruturas poliméricas para aplicacións biomédicas, administración e diagnóstico de fármacos”.

https://www.usc.es/ciqus/es/grupos/nanobiomol

Por último, un investigador post-doutoral do centro falounos sobre a súa experiencia, os seus inicios, as etapas dunha carreira científica e as vantaxes e desvantaxes de dedicarse á investigación e explicounos o seu traballo actual no CiQUS.

 
Álbum: Curso 23/24 -> 2023-10-27_Visita CiQUS

CHARLA: APLICACIÓNS DA BIOTECNOLOXÍA E A ENXEÑARÍA AMBIENTAL EN GALICIA

O 7 de marzo de 2023 estivo connosco Francisco Omil Prieto, Catedrático do Departamento de Enxeñaría Química da USC para impartir a Charla Temática do programa “A Ponte” da Universidade de Santiago: "Aplicacións da Biotecnoloxía e a Enxeñaría Ambiental en Galicia".

O conferenciante exerce o seu labor docente na Escuela Técnica Superior de Enxeñería da Universidade de Santiago e desenvolve as súas investigacións no Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnologías Ambientales (CRETUS), como integrante do grupo de investigación de Biotecnoloxía Ambiental.

Á charla asistiú o alumnado de Bioloxía, Xeoloxía e CA (1º BAC), o de Bioloxía 2º BAC e o de Ciencias da Terra e MA de 2º BAC.

O profesor levou a cabo una completa presentación sobre a situación da Biotecnoloxía e a Enxeñaría Ambiental no ámbito de Galicia, destacando o papel da formación universitaria, un dos centros de interese para o alumnado presente na charla.

Francisco Omil explicou os tipos de Biotecnoloxía, relacionando os mesmos cos estudos universitarios e o amplo abano de posibilidades do alumnado á hora de tomar decisións no referente á orientación-formación profesional. A presentación contaba con imaxes moi ilustrativas do tema que o catedrático estaba a expoñer. Algunhas facían referencia a episodios históricos, outras a personaxes destacados no ámbito da investigación en Galicia.

En nome de toda a comunidade educativa do IES As Fontiñas, agradecémos a Francisco Omil a súa visita ao centro, que nos permitiú disfrutar de esta interesantísima conferencia.

 
Álbum: Sen categoría -> 2023-03-07_Aplicacións da Biotecnoloxía e a Enxeñaría Ambiental en Galicia

Visita ao Pico Sacro e á mina de cuarzo “Serrabal-RAMSA”

O 23 de xaneiro visitamos co Alumnado de 1º de Bacharelato matriculado en Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais o Pico Sacro e a mina de Cuarzo "Serrabal-RAMSA" no Concello de Boqueixón.

Comezamos cun roteiro xeolóxico-didactico guiados polo Xeológo Fran Canosa, que nos explicou aspectos sobre a orixe xeolóxica de Galiza e a formación do propio Pico Sacro (do seu relevo, a súa petroloxia, e sobre xeomorfoloxía e a formación das covas naturais que presenta).

Desde o cumio do Pico Sacro contemplamos as formacións xeolóxicas e a paisaxe nunha visión de 360º, así como unha vista xeral da explotación á ceo aberto da mina de Serrabal, sempre coas interesantes explicacións de Fran Canosa.

Na segunda parte da mañá, visitamos as instalacións da mina de Serrabal (propiedade da empresa Ferroglobe), acompañados por un Enxeñeiro de minas e un técnico, que nos explicaron "in situ" os aspectos xeolóxicos, tecnolóxicos e económicos da explotación. Tamén nos falaron sobre todas as aplicacións tecnolóxicas e usos industrais do mineral explotado (cuarzo, ou seixo no patrimonial en galego), que é un dos de maior calidade en grao de pureza en Europa.

Álbum: Sen categoría -> Visita ao Pico Sacro e á mina de cuarzo “Serrabal-RAMSA”

Profesorado. Curso 2022-2023

O Departamento de Ciencias Naturais está constituído por:

  • Xosé Palacio Perulero (Xefe de Departamento):

      • Bioloxía / 2º BAC

      • Ciencias da Terra e do Medio Ambiente / 2º BAC

  • Esther Gomezibarlucea Traba

      • Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais / 1º BAC

      • Ciencias Aplicadas 1 / FPB1

Charla Iniciativa 11F: E AGORA, QUE FACEMOS COS BOSQUES?


O 11 de marzo estivo no noso centro a conferenciante: Nieves del Pilar Vidal González é Doutora en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela e Científica Titular do CSIC dende o ano 2009, onde desenvolve a súa labor INVESTIGADORA no Departamento de Fisioloxía Vexetal do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia dende 1991.

Liñas de investigación: Experta en propagación de especies vexetais leñosas (castiñeiros, carballos, sobreiras….). mediante xemas axilares e embrións somáticos. Cuantificación de hormonas vexetais e biotecnoloxía de estas especies arbóreas, no ámbito de investigación das PLANTAS TRANSXÉNICAS: Transformación xenética de carballo e sobreira. Recuperación de frutais autóctonos por cultivo in vitro. Cultivo de castaño, carballo, sobreira e vimbio en biorreactores. Cultivo en condiciones fotoautotróficas. Aclimatación.

Está hoxe con nós por que participa de forma ACTIVA na “Iniciativa 11-F”, colectivo que está a desenvolver MULTITUDE DE ACTIVIDADES e ELABORA materiais divulgativos para conmemorar o DIA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, que se celebra o día 11 de Febreiro de cada ano desde a súa proclamación en 2015 por parte da Asemblea Nacional das Nacións Unidas. Conmemórase este ano a quinta edición da Iniciativa.

Tamén nos falará sobre a súa experiencia e traxectoria como MULLER INVESTIGADORA e das razóns polas que resulta imprescindible conmemorar este día internacional e DIVULGAR entre a sociedade o papel e situación actual das NENAS E MULLERES nos distintos ámbitos da Ciencia e a Investigación.

Álbum: Curso 20/21 -> E agora que facemos cos bosques

Charla: "A Pandemia de COVID19: ¿Que aprendemos? ¿Que nos agarda?"

O 14 de xaneiro de 2021 o alumnado de 1º e 2º de bacharelato puido desfrutar dunha charla  sobre a pandemia da COVID-19 impartida polo Dr. Juan Gestal, Catedrático de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC, vinculado á docencia universitaria desde 1970.

Forma parte do Comité Educativo, máximo órgano asesor da Xunta no Ámbito Docente ante a COVID-19, que traballa de maneira coordinada co Comité Clinico.

 E tamén un gran divulgador dos seus coñecementos, e impartiú a conferencia:

"A pandemia de covid-19: ¿Que aprendemos? ¿Que nos agarda?" (Programa A Ponte - USC),

Podes ver a conferencia gravada premendo aquí.

Charla Iniciativa 11F: "Cambiando o mundo a través da tecnoloxía". (Curso 2019-20)

Descripción: CHARLA INICIATIVA11F: "Cambiando o mundo a través da tecnoloxía". Ponente: Cristina Sánchez Barreiro.

Data/Horas: Mércores 19/02/2020  Horario de 12:00 a 12:50.

Cursos afectados: 1º Bacharelato.

Nº alumnado: Todos.

Organización: Departamento de Ciencias Naturais.

Lugar: Sala de conferencias.

Visita didáctica á MINA DE CUARZO NO PICO SACRO EN BOQUEIXÓN

Descripción: Visita á mina de cuarzo no Pico Sacro en Boqueixón.

Data/Horas: Mércores 15 de xaneiro de 2020 de 09:00 a 14:30 horas.

Cursos: 2º curso de bacharelato A, B e C.

Nº Alumnado: 17 

Organización: Departamento de Ciencias Naturais.

Lugar: Boqueixón.

 

Charla: "Vacinas para o cancro"

O martes 22 de marzo o alumnado de Bioloxía de 2º de BAC asistiu á charla VACINAS CONTRA O CANCRO, por Óscar Cordero Santamaría, no marco do Programa A Ponte da USC.

Oscar Cordero é Doutor Doctor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese: Actividad inmunológica de protimosina [alfa] en células mononucleares de sangre humana (1993).

Asistiú á conferencia o alumnado de 1º BAC e 2º BAC matriculado nas materias do Departamento de Ciencias Naturais.

CONSULTA PARA PARTICIPAR NUN ESTUDO SOBRE PERCEPCIÓN AMBIENTAL (FASE 1: REALIZACIÓN DE CUESTIONARIO/ENQUISA)

Descripción xeral: O alumnado de 1º de BAC asistiu o día 19 de Febreiro ao salón de actos a actividade realización de cuestionario/enquisa. O acto comezou ás 17.30 e rematou ás 18:00 horas.

Descripción do acto: Elementos transversais e educación en valores: EDUCACIÓN AMBIENTAL. Toma de conciencia e análise crítica sobre os grandes problemas ambientais a escala global: quentamento global, deforestación, perda de boidiversidade, xestión enerxética etc.

Data e hora: 19 de Febreiro de 17:30 a 18:00 horas.

Cursos: 1º de BAC

Nº de alumnos: 27

Organización: Departamento de Orientación e Departamento de Ciencias Naturais. Colaboración coa Facultade de Ciencias da Educación da USC: realización dunha enquisa/cuestionario por persoal do grupo de investigación en Padagoxía Social e Educación Ambiental SEPA -interea (www.sepa_interea.gal)

Lugar : Salón de actos

Profesorado: Xosé Palacio Perulero, Ana María Varela Cordeiro

"O ADN e a xenética forense", conferencia polo Prof. Ángel Carracedo Álvarez (Instituto de Ciencias Forenses da USC)

Data: 27 Novembro, 2018

Hora: 10:00 - 12:30

Nº Alumnado: 26

Cursos: 1º Bacharelato B, C; 2º Bacharelato C

Organización: Departamento de Bioloxía e Departamento de Orientación

Lugar: Auditorio 2 - Ed. CINC. Cidade da Cultura

Descrición: O alumnado de 1º e 2º de Bacharelato asistiu o pasado 27 de novembro á conferencia "O ADN e a xenética forense" impartida polo Profesor Ángel Carracedo Álvarez no Auditorio 2 da Cidade da Cultura. A actividade comezou ás 10:00 e rematou ás 12:30, e estivo organizada por Rosa Blanco Veiga do departamento de Bioloxía e o departamento de Orientación.

Charla Iniciativa 11F: Yo quiero ser Científica! (Curso 2018-19)

O 26 de febreiro de 2019 asistimos á charla Yo quiero ser Científica! impartida por pola Dra. Jannette Rodríguez Pallarés.

Está hoxe con nós por que participa de forma ACTIVA na “Iniciativa 11-F”, colectivo que está a desenvolver multitude de actividades e elabora materiais divulgativos para conmemorar o DIA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA, que se celebra o día 11 de Febreiro de cada ano desde a súa proclamación en 2015 por parte da Asemblea Nacional das Nacións Unidas.

Dra. Jannette Rodríguez Pallarés:

  • É Profesora Titular do Departamento de Ciencias Morfolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Desenvolve o seu traballo como INVESTIGADORA no CiMUS (Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas) da USC.
Álbum: Sen categoría -> Iniciativa 11F: Yo quiero ser Científica!

Powered by Drupal - Design by artinet