YouTubeImaxe de twitter Imaxe de facebook
30 anos!
Selo europeo das linguasUnion Europe

CM Excavacions e Sondaxes

 

Latín (e Grego)

Profesorado. Curso 2022-23

O departamento de latín e grego está composto por: Gema Roiz Sánchez (Profesora de Latín e Grego

OS IDUS DE MARZO

O 15 de marzo se commemorou o asasinato de Xulio César, feito que mudou a historia de Roma e, probablemente, do resto do mundo da época. Este ano non fixemos representación teatral se non que  fixemos unha exposición de varios libros que falan da figura deste ilustre persoaxe. Tamén recreamos a toga manchada de sangue que probablemente levaba o día do seu asasinato.

 

             libros_sobre_Julio_Cesar.jpg                                 GRAN_LIBRO_SOBRE_JULIO_CESAR~0.jpg                        PEGADAS_DO_ASASINATO2.jpg        PEGADAS_DO_ASASINATO1.jpg

PREMIO DO CONCURSO DE R.N.E. "VERBA VOLANT"

    O pasado 25 de febreiro a alumna de 1º de Bacharelato de Humanidades, Sara Francos Crego, gañou o concurso "Verba Volant" do programa de R.N.E.  "No es un día cualquiera" ao contestar correctamente á pregunta: "Cal e o nome da lagoa que rodea ao Hades?", a resposta era: "A lagoa Estixia".  O premio foi  o libro "Calamares a la romana" do profesor Emilio del Río.                                                    

 

 

                                                                  premio_de_verba_volant.jpg

O ALUMNADO DE BACHILLERATO DE HUMANIDADES DISFRUTANDO DAS REPRESENTACIÓNS TEATRAIS DO FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO DE LUGO

O 29 de febreiro, un ano máis, o alumnado de Bacharelato de Humanidades tivo o

pracer de asistir á representación de dúas obras no marco do Festival de Teatro

Grecolatino de Lugo. Pola mañá poideron ver  a traxedia "Edipo Rey" de Sófocles e, pola

tarde, a comedia de Plauto "Os xemelgos". Disfrutaron moito con ambas obras e

decatáronse da importancia da literatura grecolatina no ámbito cultural de antes e de agora.

ACTORES

NACEMENTO DE ROMA

Álbum: Curso 22/23 -> NACEMENTO DE ROMA

LUDI COMPOSTELANI

O alumnado de Humanidades de 1º de Bacharelato fixo unha viaxe no tempo, convertíndose en "adulescentes" da época romana e disfrutando dos xogos e diversións que engaiolaban ao pobo romano e que seguen vixentes  na actualidade.

Así se enzarzaron en resolver un crebacabezas ( que non poideron rematar), xogaron as tabas,e competiron por gañar ao seus rivais no "DUPLUM MOLENDINUM", o actual tres en raia.

Esta actividade lles permitíu comprobar unha vez máis que "NIHIL NOVUM SUB SOLE"

Álbum: Curso 22/23 -> LUDI COMPOSTELLANI

COMEMORACIÓN DOS IDUS DE MARZO POR PARTE DO ALUMNADO DE SERVICIOS ADMINISTRATIVOS 1 (FP BÁSICA)

O 15 de marzo se commemorou o asasinato de Xulio César, feito que mudou a historia de Roma e, probablemente, do resto do mundo da época. Para isto, o alumnado de Servicios Administrativos 1 (F.P. Básica) fixo unha immersión cultural no espacio e no tempo, trasladándose á Roma do final da República. Así abandonaron as súas personalidades para pasar a ser Xulio César, Caio, Cinna, Cimber, Calpurnia, un mensaxeiro... e comprender dun xeito lúdico o que sucedeu ese día "fatídico".

Álbum: Curso 22/23 -> Idus de Marzo

FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO EN LUGO

O día 6 de marzo, unha vez máis, o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato de  Humanidades asistiu  as representacións teatrais co gallo do FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO que se celebrou en Lugo. Tiveron o pracer de ver duas obras: pola mañá unha traxedia grega "As troianas" do traxediógrafo Eurípides. Nesta obra comprobaron a dor que sentiron e, por desgracia, aínda senten as mulleres que son vítimas das guerras feitas polos homes e que son convertidas en escravas deles e levadas lonxe dos seus fogares.

Pola tarde, o tema mudou por completo, xa que asistiron a unha representación da comedia "Cásina" do autor latino Plauto. Onde o papel da muller seguía sendo o de non ser a dona da súa existencia e estar a disposición dos homes.

Pero o máis importante foi ver que hai máis alumnado que sinte o pracer de estudar Latín e Grego e que estas materias serven para entender que moitas facetas da humanidade non cambian, xa o decían os clásicos: NIHIL NOVUM SUB SOLE.

 

 

 

 

CARPE DIEM ET VITAM

   

-YA LLEVAS 5 MINUTOS IGNORÁNDOME.

 

 

 

¿QUÉ BUSCAS?

 

 

 

-DISFRUTAR DE LA VIDA 

 

 

CAMBIO DE ESTACIÓN

-ADÁN, SE TE HA CAÍDO UNA HOJA.-¿QUÉ QUIERES QUE HAGA? ESTAMOS EN OTOÑO

 

AUTORIDAD PATERNA

                             NO ME PREOCUPA LO QUE HAGAN

                      TUS AMIGOS.

 

             

              ¡TE PONDRÁS UN ANILLO EN LA NARIZ!                                                                                                                        

VERBA VOLANT

 O alumnado de 1º de bacharelato de Humanidades ven participando durante todo o curso no concurso "VERBA VOLANT" do programa radiofnico de R.N.E. "No es un día cualquiera", e na última semana un alumno do citado curso, Yago Pampín Santos resultou gañador ao contestar correctamente á pregunta "¿Como se chamaba o cíclope que tiña un solo ollo e que quedou cego por culpa de Ulises?. A resposta era POLIFEMO.

 O premio, como non podía ser doutro xeito, foi un precioso libro: CIRCE  da escritora Madeline Miller, da editorial Alianza Editorial.

Seguiremos escoitando e participando neste estupendo programa, porque "COÑECER O MUNDO GRECORROMANO TEN PREMIO"

VIAXE ÁS MEDULAS CO ALUMNADO DE 1º E 2º DE BACHARELATO

O 15 de xuño despedimos ao alumnado de 2º de Bacharelato con unha viaxe ás Médulas á que se sumaron o alumnado de 1º de Bacharato que  non quería deixar sós aos seus compañeiros que van a comezar unha nova etapa na súa vida.

Comezaron subindo ao mirador de Orellán, custoulles ( como lles custou chegar ao final do curso) pero ao final o esforzo valeu a pena, nos dous casos. Puideron cotemplar dende alí unha marabillosa vista panorámica da antiga mina de ouro. Despois deixaron o seu traxe de alumnos para poñerse o casco de mineiro e visitar a galería para disfrutar doutra perspectiva da mina.

Pola tarde, unha vez que recobraron as forzas cunha lixeira comida, adentráronse no entorno das Médulas para finalizar admirando a grandiosa pegada que deixaron os romanos e a súa asombrosa inxeñería.

 

TEATRO GRECOLATINO EN LUGO

 O pasado 9 de marzo o alumnado de Latín e Grego, acompañado do alumnado de Arte e de Literatura Universal, tivo a gran oportunidade de ir á cidade de Lugo para asistir a duas representacións teatrais, unha comedia do escritor romano Plauto (O Persa) e unha traxedia do autor grego Eurípides (Ifixenia en Áulide). Tamén tiveron a oportunidade de achegarse a coñecer a orixe da muralla romana e as pegadas que hai no Museo Provincial procedentes de toda Galicia.

 

MARTE E O MES DE MARZO

Estamos no mes de marzo. Sabedes de ónde procede este nombre e a quen está adicado?. Ao deus Marte. Tamén ven de él o día da semana martes e o planeta que ten o mesmo nome.

Pero, quen era ese deus?

Marte, fillo de Zeus e da sua esposa Juno, foi o deus romano da guerra e se identificou co deus grego Ares. Era un dos 12 deuses do Olimpo pero ao contrario que a intelixente Atenea (Minerva para os romanos), que tamén dirixía os asuntos da guerra, se trataba dun deus rudo, violento e agresivo, sen ningún aspecto positivo para a humanidade. Se representaba como a un guerreiro con armadura, casco, lanza e escudo; unhas veces nu e algunhas outras con barba, pero sempre na actitude dun home forte, alto e terrorífico.

 

                                                

Marte non casou, pero sí tivo moitas relacións extramatrimoniais. A sua relación máis famosa é a que mantivo con Venus, a deusa do amor y da beleza, coa  que tivo a Cupido (Eros). A historia sinala que Vulcano, marido de Venus, advertido sobre o engano ao que estaba sometido, fabricou unha rede case invisible para poñela sobre o seu leito. Cando Ares e Afrodita xacían enriba del, quedaron atrapados e foron humillados ante todos os deuses.

Pero na historia romana tivo un papel fundamental ao ser o pai de Rómulo e Remo os fundadores de Roma.

                                            

 

 

 

Coñecendo a Universidade

O pasado venres 4 de marzo, o alumnado de 2º de Bacharelato achegouse a Universidade a coñecer as distintintas Facultades nas que o vindeiro curso poderá estudar. Nestas imaxes podemos ver o alumnado que foi ao Campus Norte, onde visitaron: Filoloxía, Ciencias da Comunicación e Periodismo, Maxisterio, Económicas, Mediciña, Enfermería e Historia. 

No Campus Sur, se achegaron a Matemáticas, Bioloxía, Dereito, Física e Psicoloxía.

Esperemos que lles fora útil para eliminar as posibles dúbidas que tiveran de cara ao vindeiro ano.

Charlas sobre alcoholismo e emocións.

O I.E.S. As Fontiñas, velando pola saúde física, mental e emocional do seu alumnado está organizando unha serie de actividades. Así no primeiro trimestre contamos coa psiquiatra Iría Veiga que nos axudou a saber como afrontar a ansiedade. Neste segundo trimestre, o luns 17 de xaneiro, contamos con Alcohólicos Anónimos que compartiron co alumnado de FP Básica e de 1° de Bacharelato a súa vida atrapados por o alcoholismo e como están loitando para sair del. Tamén coñoceron a Al-Anon que é unha entidade para axudar a familiares de alcohólicos que sinten que a súa vida foi afectada por a convivencia cunha persoa alcohólica. O venres 21 de xaneiro, escoitaron a Emotivos Anónimos explicar como a enfermidade emocional modificou a sua existencia e como están aprendendo a vivir, a aceptar e a xestionar os seus cambios emocionais. Esta charla foi dirixida ao alumnado de 2° de Bacharelato. No terceiro trimestre trataremos os problemas que ocasiona a adicción ás pantallas e tamén aos desordes alimenticios.

 

MULLERES NA CIENCIA. HIPATIA DE ALEXANDRÍA

                                               

 

                                        H I P A T I A

 

                                                             D E

 

                                          A L E X A N D R Í A

 

 

Hipatia foi unha filósofa e mestra grega, natural de Exipto, que destacou nos campos das matemáticas e a astronomía, cultivou os estudos lóxicos e as ciencias exactas, levando unha vida ascética. Educou a unha escollida escola de aristócratas cristiáns e paganos que ocuparon altos cargos.

 

Hipatia foi unha das primeiras mulleres matemáticas da historia. Escribiu sobre xeometría, álxebrae astronomía, mellorou o diseño dos primitivos astrolabios —instrumentos para determinar as posicións das estrelas sobre a bóveda celeste— e inventou un densímetro, por eso está considerada como unha pioneira na historia das mulleres na ciencia.

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet