You Tube  Resultado de imagen de twitter  Resultado de imagen de facebookSelo europeo das linguasUnion Europe

 

Presentación

Introdución

O IES "As Fontiñas" está situado na rúa Estocolmo, nº 5 do Polígono das Fontíñas no Concello de Santiago. É un centro de carácter público que iniciou a súa actividade no curso 1991-92 como desdobre do IES "Compostela" e do IES "Monte de Conxo".

Nas súas orixes créase como centro de Formación Profesional Superior, nel impartíanse tanto Formación Profesional como Específica, pero tamén Módulos Superiores que serían o xerme dos actuais Ciclos de Formación Profesional.

No ano 1999 o centro é transformado en Instituto de Ensinanza Secundaria. Actualmente impártese só ensinanza postobrigatoria: Bacharelato e Ciclos Formativos.

O Instituto imparte docencia de luns a venres de 9,00 a 14,30 e de 15,30 a 23,00 horas, con recreo de 11,30 a 12,00 horas. Entre as 14,30 e 15,30 permanecen abertas a disposición da comunidade escolar a cafetería e a sala de lectura.

Powered by Drupal - Design by artinet