YouTubeImaxe de twitter Imaxe de facebook
30 anos!
Selo europeo das linguasUnion Europe

CM Excavacions e Sondaxes

 

Física e química

.....................................................................................................................

 
Gif animado que representa a propagacion dunha onda
 

 
 O profesorado do Departamento de Física e Química está composto por Xoán García Carballo que tamén está ao cargo da Xefatura de Departamento.
 
 A hora de titoría é os venres de
10:40 a 11:30
 

 

VISITA AO CiQUS DA USC

O venres 27 de Outubro, o alumnado de 2º de Bacharelato matriculado en Bioloxía e en Química visitou o CiQUS (Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares) da Universidade de Santiago. O CiQUS forma parte da Rede de Centros Singulares de Investigación do Campus de Excelencia Internacional–Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela, que centra os seus obxectivos científicos na aplicación de estratexias transdisciplinares para a resolución de problemas cientificamente relevantes no ámbito da química biolóxica e no desenvolvemento de novos materiais. https://www.usc.es/ciqus/es

Asistimos a unha charla-presentación sobre a rede de centros singulares de investigación no marco do Sistema Universitario de Galicia, as liñas de investigación do CiQUS, os proxectos de en colaboración internacional que desenvolven, os seus programas de atracción de talento e a transferencia de coñecemento aos sectores público e empresarial.

Visitamos varios laboratorios de técnicas instrumentais para presenciar “in situ” como desenvolven a súa actividade e coñecer algúns fundamentos básicos de varias técnicas de análise química e biolóxica: Electroforese, Espectrometría de Masas, Resonancia Magnética Nuclear (NMR) e Microscopía óptica de Fluorescencia (vimos células canceríxenas en división tratadas con fármacos oncolóxicos).

Tamén estivemos no laboratorio do grupo de investigación do profesor Eduardo Fernandez-Megía, onde o seu persoal introduciunos de xeito didáctico nunha das súas liñas de investigación máis punteiras: “Síntese de dendrímeros e nanoestruturas poliméricas para aplicacións biomédicas, administración e diagnóstico de fármacos”.

https://www.usc.es/ciqus/es/grupos/nanobiomol

Por último, un investigador post-doutoral do centro falounos sobre a súa experiencia, os seus inicios, as etapas dunha carreira científica e as vantaxes e desvantaxes de dedicarse á investigación e explicounos o seu traballo actual no CiQUS.

NOVA MASTERCLASS SOBRE FÍSICA DE PARTÍCULAS NA USC

No presente curso 22-23 o departamento de Física e Química tivo a oportunidade de participar de novo con catro alumnas de 2º de Bacharelato e o seu profe de Física na Masterclass de Física de pàrtículas que tivo lugar este venres, 3 de marzo, no campus SUR e que está organizada e coordinada polo IGFAE (instituto galego de física de altas enerxías). A Masterclass é unha actividade divulgativa internacional que pretende estimular as vocacións científicas entre os estudantes e unha oportunidade única para que teñan un contacto directo con física de vangarda e persoal científico en activo. A xornada repite o éxito de anos anteriores esgotando todas as prazas dispoñibles, que se incrementaron de 70 a 100, permitindo que mozas e mozos de 36 centros Galicia se acheguen á investigación que se realiza no IGFAE e no CERN. O alumnado recibiu dúas conferencias teóricas: primeiro unha introdución á Física de Partículas por parte do investigador posdoutoral Arnau Brossa Gonzalo, e outra sobre aceleradores e detectores de partículas por Carlos Vázquez Sierra, tamén posdoc do IGFAE. Despois de aprender os fundamentos básicos, realizaron un exercicio práctico en grupo no que utilizaron datos reais do experimento CMS (Compact Muon Solenoid) do LHC ‒un dos que descubriu o bosón de Higgs xunto con ATLAS‒ e un software específico para identificar colisións de partículas. Unha vez recompilados os resultados, compartíronos por videoconferencia co CERN e outros centros de distintas partes do mundo como Brasil, Turquía, e outros, que organizan simultabeamnte a mesma xornada, como se fose unha colaboración científica internacional. Mediante esta vídeoconferencia puxéronse en común as experiencias e coñecementos adquiridos durante a xornada.

 

ASISTENCIA A UNHA MASTERCLASS SOBRE FÍSICA DE PARTÍCULAS NA USC

O pasado venres 4 de marzo de 2023 un grupo formado por dous alumnos de 2º de Bacharelato e o seu profe de Física tivo a oportunidade de asistir a unha masterclass sobre física de partículas que está organizada e coordinada polo IGFAE (instituto galego de física de altas enerxías). A xornada desenvolveuse na Facultade de matemáticas e nela participaron diversos institutos de Galiza, e ao mesmo tempo, noutros puntos do mundo outros alumnos de outros países, realizaron actividades semellantes. Na última parte da xornada houbo unha videoconferencia na que participaron  persoal científico do CERN e o alumnado antes mencionado. Mediante esta vídeoconferencia puxéronse en común as experiencias e coñecementos adquiridos durante a xornada.

Powered by Drupal - Design by artinet