YouTubeImaxe de twitter Imaxe de facebook
30 anos!
Selo europeo das linguasUnion Europe

CM Excavacions e Sondaxes

 

Que facemos

Obradoiro Competencias emprendedoras para 2º curso de Ciclo Superior de Administración e Finanzas e Asistencia á Dirección.

Seguimos cos obradoiros.

O día 21 de decembro, os alumnos de segundo curso dos ciclos superiores de Administración e Finanzas e Asistencia á Dirección tiveron a oportunidade de asistir aos obradoiros sobre competencias emprendedoras,  impartidos de novo por Elena Martínez Alonso, da Fundación Ronsel.

Todas estas actividades foron organizadas e coordinadas dende a Aula de emprendemento do IES As Fontiñas, "Aprendendo a emprender".

Álbum: Sen categoría -> TAller Competencias emprendedoras AFI2, ADI2

Obradoiros "Habilidades emprendedoras" para alumnado de 2º curso de Ciclos.

Os días 20 e 21 de decembro, tivemos a Rafa e a Elena, da Fundación Ronsel, impartindo uns obradoiros sobre "Habilidades emprendedoras" relacionadas co mundo laboral e profesional, para todo o alumnado de segundo curso dos ciclos superiores de Administración e Finanzas, Asistencia á Dirección, Proxectos de Edificación, Proxectos de Obra Civil, e para o Ciclo Medio de Xestión Administrativa.

Podedes ver as fotos do alumnado participante

 

Álbum: Sen categoría -> 1º Taller habilidades emprendedoras AFI2, ADI2, PRE2,PRO2,XEA2

"Obradoiro de xestion de Linkedin para fomento do emprendemento" para alumnos de 2º CS Asistencia á Dirección

A xa nosa amiga Mar Castro, impartiu o día 20 de decembro un Obradoiro de xestión de Linkedin, como actividade para fomento do emprendemento. Os alumnos de segundo curso do Ciclo Superior de Asistencia á Dirección  puideron crear e/ou modificar axeitadamente o seu perfil profesional a través da aplicación.

Álbum: Sen categoría -> Taller Linkedin para emprendedores

Charla Obradoiro "Los pilares para un emprendimiento de éxito" para alumnos de 2º curso de CS de Administración e Finanzas

O día 15 de abril foron os alumnos de 2º curso do ciclo superior de Administración e Finanzas os que recibiron formación en iniciativa emprendedora por parte de David Fernández Veloso

 

Álbum: Sen categoría -> 2º Taller "Los pilares para emprender con éxito"

Charla Obradoiro "Los pilares para un emprendimiento de éxito" para alumnos de 2º curso de CS de Asistencia á dirección

O día 13 de decembro os alumnos de segundo curso do Ciclo Superior de Asistencia á Dirección asistiron a unha charla/obradoiro sobre "Los pilares para un emprendimiento de Éxito", impartida por David Fernández Veloso

Esta formación estivo enfocada en iniciativa emprendedora, casos de éxito e primeiros pasos de pensamento empresarial.

Álbum: Sen categoría -> 1º Taller "Los pilares para emprender con éxito"

2º Taller creación de páxinas Web con Wordpress para alumnos de 2º curso de Asistencia á Dirección

Dende a Aula de emprendemento "Aprendendo a emprender", tentando de ofrecer formación para o emprendemento, organizouse un novo taller sobre creación de páxinas Web con Wordpress, dirixido aos alumnos de segundo curso do Ciclo Superior de Asistencia á Dirección. 

De novo foi Javier Rocamora, coa súa experiencia como formador, o encargado de impartilo.

Álbum: Sen categoría -> 2º Taller Wordpress para 2º curso Asitencia á dirección

1º Taller Wordpress para alumnos de 2º curso de CS de Administración e Finanzas

O día 20 de novembro os alumnos de 2º curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas tivo a oportunidade de recibir un taller de formación sobre creación de páxinas Web con Wordpress organizado dende a nosa Aula de emprendemento "Aprendendo a emprender".

O taller foi impartido polo Axente dixitalizador, Consultor en Marketing online e eCommerce, e Javier Rocamora.

Con esta actividade preténdese ofrecer formación en promoción dixital para futuros emprendedores.

Álbum: Sen categoría -> 1º Taller Wordpress para 2º curso Administración e Finanzas

1º Taller Wordpress para alumnos de 2º curso de CS de Administración e Finanzas

O día 20 de novembro os alumnos de 2º curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas tivo a oportunidade de recibir un taller de formación sobre creación de páxinas Web con Wordpress organizado dende a nosa Aula de emprendemento "Aprendendo a emprender".

Aqui podedes ver as fotos:

Álbum: Sen categoría -> 1º Taller Wordpress para 2º curso Administración e Finanzas

2º Taller "Elevator Speech e exposicións orais", a cargo de Mar Castro.

O día 22 de novembro tocoulles ás alumnas e aos alumnos de segundo curso de Administración e Finanzas o privilexio de asistir a  un taller sobre "Elevator Speech y exposiciones orales", impartido pola experta internacional en comunicación e marca persoal, Mar Castro

Esta actividade está organizada dende a Aula de Emprendemento As Fontiñas: aprender a emprender, e está pensada para fomentar o emprendemento no alumnado de Formación Profesional, dende o programa Aulas de emprendemento, desenvolvido polo Plan de Empredemento no Sistema Educativo de Galicia, a través do desenrolo das "habilidades blandas" (soft skills) programadas dende o proxecto presentado polo IES As Fontiñas.

Comprobade que todos os alumnos participaron activamente no taller:

Álbum: Sen categoría -> 2ª Taller Speech elevator e comunicacións orais

Taller: "Elevator Speech e exposicións orais", a cargo de Mar Castro.

O día 15 de novembro as alumnas e os alumnos de segundo curso de Asistencia á Dirección, dentro das actividades programadas dende a Aula de Emprendemento As Fontiñas: aprender a emprender, tiveron o privilexio de asistir a  un taller sobre "Elevator Speech y exposiciones orales", impartido pola experta internacional en comunicación e marca persoal, Mar Castro

Esta actividade está pensada para fomentar o emprendemento no alumnado de Formación Profesional, dende o programa Aulas de emprendemento, desenvolvido polo Plan de Empredemento no Sistema Educativo de Galicia, a través do desenrolo das "habilidades blandas" (soft skills) programadas dende o proxecto presentado polo IES As Fontiñas.

No álbum que se achega podedes ver como todos os alumnos asistentes participaron activamente.

 

 

Álbum: Sen categoría -> Aula emprendemento

- Asistencia ao II Congreso de Emprende Trasancos - XTalento, organizado polo IES Terra de Trasancos, en Narón

O día 3 de novembro, como actividade de fomento do Emprendemento organizada dende a Aula de Emprendemento IES As Fontiñas: Aprendendo a emprender, as alumnas e os alumnos dos segundos cursos dos ciclos de Asistencia á Dirección e de Administración e Finanzas, asistiron ao II Congreso de emprendemento, Emprende Trasancos_XTalento, perfectamente organizado dende a Aula de emprendemento do IES Terra de Trasancos da que é coordinadora a profesora Ana Mª López Suárez.

Os poñentes, que aparecen na seguinte programación, relataron as súas propias experiencias como emprendedores de éxito.

 

 

 

 

 

IMG_20221103_095603.jpg

- Visita do alumnado do segundo curso de Administración e Finanzas ao Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago

O día 14 de outubro realizouse de novo unha visita  ao Viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago, esta vez por parte do alumnado de Segundo curso do Ciclo de Administración e finanzas. Esta actividade, ao igual que as anteriores, foi organizada dende a Aula de Emprendemento IES As Fontiñas: aprender a emprender.

IMG-20221014-WA0001.jpg

- Visita do alumnado dos segundos cursos de Proxectos de Edificación e Proxectos de Obra Civil ao Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago

O día 11 de outubro tocoulle ao alumnado dos segundos cursos dos ciclos de Proxectos de Edificación e Proxectos de Obra Civil facer unha visita ao Viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago, dentro das actividades programadas para fomento do emprego dende a Aula de Emprendemento As Fontiñas: Aprendere a emprender.

IMG-20221013-WA0002.jpg

- Visita do alumnado dos segundos cursos de Asistencia á Dirección e Xestión Administrativa modular ao Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago

O día 10 de outubro as alumnas e os alumnos dos segundos cursos dos ciclos de Asistencia á Dirección e Xestión administrativa modular, visitaron o Viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago. Ali amosaronlle as instalacións e recibiron unha charla informativa e motivacional sobre emprendemento.

Esta actividade foi organizada dende a Aula de emprendemento As Fontiñas: aprender a emprender, e estaba incluida no proxecto presentado polo IES As Fontiñas para formar parte do programa Aulas de emprendemento.

IMG_20221010_163109.jpg

Powered by Drupal - Design by artinet