- Asistencia ao II Congreso de Emprende Trasancos - XTalento, organizado polo IES Terra de Trasancos, en Narón

O día 3 de novembro, como actividade de fomento do Emprendemento organizada dende a Aula de Emprendemento IES As Fontiñas: Aprendendo a emprender, as alumnas e os alumnos dos segundos cursos dos ciclos de Asistencia á Dirección e de Administración e Finanzas, asistiron ao II Congreso de emprendemento, Emprende Trasancos_XTalento, perfectamente organizado dende a Aula de emprendemento do IES Terra de Trasancos da que é coordinadora a profesora Ana Mª López Suárez.

Os poñentes, que aparecen na seguinte programación, relataron as súas propias experiencias como emprendedores de éxito.

 

 

 

 

 

IMG_20221103_164045.jpg
IMG_20221103_095606.jpg
IMG_20221103_095603.jpg

Powered by Drupal - Design by artinet