YouTubeImaxe de twitter Imaxe de facebook
30 anos!
Selo europeo das linguasUnion Europe

CM Excavacions e Sondaxes

 

Orientación

Atención á diversidade

MEDIDAS ORDINARIAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.

 

 

NORMATIVA:

  • Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio de educación
  • Plan Xeral de Atención á Diversidade
  • Lei orgánica 8/20013 do 9 de decembro para a mellora da calidade educativa.

 

Entendemos por diversidade as diferenzas que presenta o alumnado ante a aprendizaxes escolares, diferenzas en canto: aptitudes, intereses, motivacións, capacidades, ritmos de maduración, estilos de aprendizaxe, experiencias e coñecementos previos, contornos sociais e culturais… Estes aspectos conforman tipoloxías e perfís no alumnado que deben determinar, en gran medida, a planificación e acción educativa.

Dentro desta diversidade xeral, pode que algún alumnado precise dunha atención diferente á ordinaria:

è

Por presentar n.e.e.( necesidades educativas específicas), é o alumnado que requira por un período da súa escolarización ou ao longo dela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta).

è

Por presentar dificultades de aprendizaxe.

è

Por as súas altas capacidades intelectuais.

è

Por terse incorporado tardiamente ao sistema educativo.

è

Por condicións persoais e de historia escolar.

è

Por TDAH

Para todos eles, unha vez identificadas as necesidades específicas, será preciso ir adaptando as respostas educativas dende as programacións xerais e as programacións de aula, ata aquelas outras propostas que modifiquen mais ou menos significativa mente a proposta curricular, podendo chegar a requirir propostas organizativas diferenciadas e recursos persoais de apoio máis ou menos especificados, sempre dende os principios de normalización e inclusión, é por iso, que priorizaremos as medidas ordinarias e soamente despois consideraremos as medidas extraordinarias, cando se valore e xustifique a súa necesidade.

 

MEDIDAS A SEGUIR:

 

Identificación e valoración de necesidades: A identificación das necesidades educativas do alumnado, a súa valoración e a resposta educativa constitúen procesos necesarios para adecuar as medidas e recursos educativos á diversidade. Todo isto farase a través dos seguintes mecanismos:

Na avaliación inicial realizada ao comezo de curso.

Nas xuntas de avaliación de cada trimestre.

Ao finalizar cada curso avaliarase o proceso educativo de cada alumno/a. Informe final de avaliación.

En momentos puntuais ao longo do curso, segundo as necesidades detectadas.

 

En canto a valoración das necesidades, con respecto ao alumnado:

Dificultades no desenvolvemento e afianzamento das técnicas instrumentais básicas: dificultades para extraer as ideas principais dun texto, para expresar tanto por escrito como a nivel oral, dificultades de razoamento e lóxica así como no cálculo mental.

Non adquisición de hábitos de traballo.

Deficiente organización do traballo persoal: calendario, horario diario de estudo, axenda..

Emprego dun método de estudo memorístico. Non teñen adquiridas as técnicas de traballo( lectura comprensiva, subliñado, resumo, esquema..).

Dificultades de atención.

En canto aos pais/nais:

Necesidade se supervisión dos hábitos de estudo e de organización.

Colaboración co centro para apoiar o traballo desenvolvido polos docentes.

Maior comunicación co centro educativo.

Con respecto as necesidades en relación ao profesorado:

Necesidade de coordinación do equipo de profesores/as e coa orientadora.( profesora de PT.)

Descripción das actuacións, medidas e/ou programas para atención a diversidade, en relación ás MEDIDAS ORDINARIAS: afectan a elementos non prescriptivos do currículo: Metodoloxía, secuencia dos contidos, formas de avaliar, organización da aula, agrupamentos. Non necesita autorización. Desenvolverase no contexto escolar ordinario, polo profesor/a da área, reflectirase no expediente, farase constar no informe ás familias.

u

Adecuación da estrutura organizativa do centro (horarios, agrupamentos, espazos) e da organización e xestión da aula ás características do alumnado:

u

Os agrupamentos, a confección de grupos e horarios estableceranse de acordo cos principios de: normalización e inclusión, igualdade de oportunidades e non discriminación, flexibilidade, interculturalidade e promoción da convivencia.

u

Adecuación das programacións didácticas ao contorno do alumnado:

u

No mes de setembro os xefes/as dos departamentos didácticos concretarán nas correspondentes programacións didácticas os elementos establecidos segundo a normativa vixente. Así mesmo, cada profesor/a, dende a súa materia, adaptará a programación didáctica do seu departamento a cada grupo de alumnos/as en particular, unha vez realizada a avaliación inicial dos diferentes grupos, en:

Obxectivos e contidos:

  • Adecuar os obxectivos ás peculiaridades da aula e do alumnado do grupo-clase.
  • Precisar cales son os obxectivos e contidos mínimos de cada unidade didáctica.
  • Seleccionar e priorizar aqueles contidos que sexan funcionais para o alumnado.
  • Establecer secuencias de contidos que aseguren aprendizaxes básicos para todos/as e coñecementos de maior complexidade para os que así o necesiten.

Metodoloxía:

  • Pódense establecer diferentes tipos de agrupamentos dentro da aula para atender á diversidade:
  • Traballo en pequeno grupo para favorecer a relación entre o alumnado, a cooperación e a colaboración. A través desta proposta de traballo buscarase aproveitar as habilidades de cada un para o traballo en común.
  • Titorización nalgunhas actividades por un compañeiro/a da aula (aprendizaxe entre iguais).
  • Traballo individualizado profesor/a-alumno/a en momentos moi determinados e breve que favorecerán a seguridade do alumno/a.

Actividades:

  • Diferentes actividades para cada contido.
  • Actividades secuenciadas segundo a súa dificultade, cada alumno/a vai realizando unha determinada actividade e, unha vez superada, pasa ás de seguinte nivel.
  • Existencia de actividades de libre elección.
  • Actividades de reforzo: para todo o grupo como repaso ou para alumnado con dificultades de aprendizaxe, alumnado repetidor, etc.
  • Actividades de ampliación para alumnos/as avantaxados.

Avaliación:

  1. Realizar unha avaliación inicial.
  2. Seleccionar técnicas e instrumentos de avaliación variados.
  3. Diversidade nos criterios de cualificación (non de avaliación): traballos da aula, actitude, asistencia, notas das diferentes probas, exames…

ALGUNHAS PAUTAS PARA A MODIFICACIÓN DOS INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN:

 

1.      

Dar as datas dos exames polo menos cunha semana de antelación.

2.      

Combinar diferentes formatos de pregunta nunha mesma proba: completar esquemas, verdadeiro/falso, frases para completar etc.

3.      

Traballar, antes da proba, con mostras do formato do exame.

4.      

Realizar exames curtos e frecuentes.

5.      

Verificar que o alumnado entende as preguntas.

6.      

Dar máis tempo para a realización das probas escritas.

7.      

Facer probas orais ademais das escritas.

8.      

Cualificar tamén as intervencións orais que ten o alumno/a na clase, as veces observamos a   un alumno que cando intervén na clase faino ben, pero no exame non demostra o que sabe.

9.      

Reducir o número de preguntas por folla.

 

ORIENTACIÓN ACADÉMICA

BLOG ORIENTA 2021-22

 Qué estudar, Onde estudar, A selectividade, as Bolsas e moita máis información.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet