YouTubeImaxe de twitter Imaxe de facebook
30 anos!
Selo europeo das linguasUnion Europe

CM Excavacions e Sondaxes

 

Información Xeral

Información xeral

A Formación en centros de traballo (FCT) é un módulo profesional obrigatorio que se cursa en tódalas ensinanzas de Formación profesional, tanto de FP Básica, como en ciclos de grado medio e superior.

É unha fase de formación práctica na empresa que se desenvolve no centro de traballo e se realiza unha vez superados tódolos módulos profesionais do ciclo formativo. Non ten carácter laboral nin relación becaria. As alumnas e alumnos que o cursan continúan sendo estudantes matriculados no ensino regulado.

 

Finalidade da FCT:

 

  • Completar a adquisición das competencias profesionais previstas no ciclo formativo.

  • Adquirir coñecementos da organización produtiva.

  • Avaliar a competencia profesional do alumnado, en especial aqueles aspectos que non poden levarse a cabo no centro educativo por esixir situacións reais de traballo.

  • Poñer en práctica os coñecementos adquiridos na aula.

     

 

Powered by Drupal - Design by artinet