O día 10 de outubro as alumnas e os alumnos dos segundos cursos dos ciclos de Asistencia á Dirección e Xestión administrativa modular, visitaron o Viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago. Ali amosaronlle as instalacións e recibiron unha charla informativa e motivacional sobre emprendemento.
Esta actividade foi organizada dende a Aula de emprendemento As Fontiñas: aprender a emprender, e estaba incluida no proxecto presentado polo IES As Fontiñas para formar parte do programa Aulas de emprendemento.