TEATRO GRECOLATINO EN LUGO

 O pasado 9 de marzo o alumnado de Latín e Grego, acompañado do alumnado de Arte e de Literatura Universal, tivo a gran oportunidade de ir á cidade de Lugo para asistir a duas representacións teatrais, unha comedia do escritor romano Plauto (O Persa) e unha traxedia do autor grego Eurípides (Ifixenia en Áulide). Tamén tiveron a oportunidade de achegarse a coñecer a orixe da muralla romana e as pegadas que hai no Museo Provincial procedentes de toda Galicia.

 

Powered by Drupal - Design by artinet