VERBA VOLANT

 O alumnado de 1º de bacharelato de Humanidades ven participando durante todo o curso no concurso "VERBA VOLANT" do programa radiofnico de R.N.E. "No es un día cualquiera", e na última semana un alumno do citado curso, Yago Pampín Santos resultou gañador ao contestar correctamente á pregunta "¿Como se chamaba o cíclope que tiña un solo ollo e que quedou cego por culpa de Ulises?. A resposta era POLIFEMO.

 O premio, como non podía ser doutro xeito, foi un precioso libro: CIRCE  da escritora Madeline Miller, da editorial Alianza Editorial.

Seguiremos escoitando e participando neste estupendo programa, porque "COÑECER O MUNDO GRECORROMANO TEN PREMIO"

Powered by Drupal - Design by artinet