H I P A T I A
D E
A L E X A N D R Í A
Hipatia foi unha filósofa e mestra grega, natural de Exipto, que destacou nos campos das matemáticas e a astronomía, cultivou os estudos lóxicos e as ciencias exactas, levando unha vida ascética. Educou a unha escollida escola de aristócratas cristiáns e paganos que ocuparon altos cargos.
Hipatia foi unha das primeiras mulleres matemáticas da historia. Escribiu sobre xeometría, álxebrae astronomía, mellorou o diseño dos primitivos astrolabios —instrumentos para determinar as posicións das estrelas sobre a bóveda celeste— e inventou un densímetro, por eso está considerada como unha pioneira na historia das mulleres na ciencia.