Visita ao Pico Sacro e á mina de cuarzo “Serrabal-RAMSA”

O 23 de xaneiro visitamos co Alumnado de 1º de Bacharelato matriculado en Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais o Pico Sacro e a mina de Cuarzo "Serrabal-RAMSA" no Concello de Boqueixón.

Comezamos cun roteiro xeolóxico-didactico guiados polo Xeológo Fran Canosa, que nos explicou aspectos sobre a orixe xeolóxica de Galiza e a formación do propio Pico Sacro (do seu relevo, a súa petroloxia, e sobre xeomorfoloxía e a formación das covas naturais que presenta).

Desde o cumio do Pico Sacro contemplamos as formacións xeolóxicas e a paisaxe nunha visión de 360º, así como unha vista xeral da explotación á ceo aberto da mina de Serrabal, sempre coas interesantes explicacións de Fran Canosa.

Na segunda parte da mañá, visitamos as instalacións da mina de Serrabal (propiedade da empresa Ferroglobe), acompañados por un Enxeñeiro de minas e un técnico, que nos explicaron "in situ" os aspectos xeolóxicos, tecnolóxicos e económicos da explotación. Tamén nos falaron sobre todas as aplicacións tecnolóxicas e usos industrais do mineral explotado (cuarzo, ou seixo no patrimonial en galego), que é un dos de maior calidade en grao de pureza en Europa.

Álbum: Sen categoría -> Visita ao Pico Sacro e á mina de cuarzo “Serrabal-RAMSA”

Powered by Drupal - Design by artinet