Visita ó Pico Sacro

O pasado 26 de febreiro, as alumnas e alumnos de 1º de Bacharelato matriculados en Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais, en Cultura Científica e mais no CMdual de excavacións e sondaxes,visitaron o Pico Sacro no Concello de Boqueixón, guiados polo xeólogo Fran Canosa.

Realizaron un roteiro xeolóxico-didactico no que aprenderon aspectos sobre a orixe xeolóxica de Galiza e a formación do propio Pico Sacro (do seu relevo, a súa petroloxia, e sobre xeomorfoloxía e a formación das covas naturais que presenta).

Desde o cumio do Pico Sacro contemplamos as formacións xeolóxicas e a paisaxe nunha visión de 360º, así como unha vista xeral da explotación á ceo aberto da mina de Serrabal, sempre coas interesantes explicacións de Fran Canosa.

Previamente, viñeran de realizar no laboratorio do instituto un obradoiro de mineraloxía, no que coas explicacións do xeólogo puideron observar de preto as diferentes propiedades que nos permiten diferenciar os diferentes minerais que nos rodean.

 

Álbum: Curso 23/24 -> Visita guiada Pico Sacro

Powered by Drupal - Design by artinet