Vacantes e proceso de ADMISIÓN de alumnado para o curso 2022/2023

 

O alumnado doutros centros educativos que desexe incorporarse ao IES As Bizocas no curso 2022-2023 terá que presentar a solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo, preferentemente por vía electrónica, ou de xeito presencial no instituto solicitando CITA PREVIA chamando ao 886 151 420 (para a tramitación presencial o prazo de entrega de solicitudes remata o 21 de marzo).

 

A OFERTA DE POSTOS ESCOLARES en cada un dos cursos é a seguinte:

- 1º ESO:  5 (+6 NEEAE)
-
2º ESO:  10
-
3º ESO:  3
-
4º ESO:  26 

 

Teñen toda a INFORMACIÓN do proceso de admisión e manuais de axuda para as familias na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

Acceden así a unha APLICACIÓN na que poden cubrir a SOLICITUDE DE ADMISIÓN, marcar os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se valoren e presentala xa por vía electrónica (utilizando Chave365, dni-e ou certificado dixital), ou cubrila na aplicación, imprimila e asinala para presentala presencialmente no instituto (con CITA PREVIA). Neste último caso presentarase asolicitude no instituto no que solicite praza en primeiro lugar, empregando ese formulario oficial (Anexo II).

Lémbrase que co Anexo II de solicitude deberán achegar:

- Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (isto é, dni ou libro de familia).

- Certificado de matrícula do curso actual.

- Se é o caso, convenio regular ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio onde conste a custodia do/da menor.

Non será necesario presentar máis documentación, salvo que se opoñan á consulta automática dos datos.

Se o número de solicitudes é superior ao de postos dispoñibles haberá que BAREMAR. Nese caso publicarase un aviso para que as familias presenten no instituto (entre o 24 de marzo e o 6 de abril) a documentación xustificativa dos criterios alegados na solicitude.

 

NOTAS DE INTERESE:

1. Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. Esta poderá anularse mediante a presentación doutra solicitude de admisión posterior indicando expresamente por escrito que queda sen efecto a anterior. O alumnado que tivese posto reservado en centro de adscrición poderá presentar solicitude de admisión se acredita que renunciou ao posto reservado antes do comezo do prazo de admisión.

2. O alumnado que ten garantía depermanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe. O actual alumnado do IES As Bizocas ten garantida a súa permanencia para cursar as ensinanzas de ESO neste centro. Porén, o alumnado matriculado en 4º ESO debe presentar a solicitude de admisión no instituto da súa elección onde queira continuar os estudos.

3. As familias deben ser conscientes de que únicamente o alumnado que segundo o domicilio alegado a efectos de valoración estea na zona de influencia deste centro terá dereito ao servizo de TRANSPORTE ESCOLAR ofrecido pola Xunta de Galicia.

 

LEXISLACIÓN APLICABLE:

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).

 

OUTRA INFORMACIÓN:

- Centros adscritos: CEIP As Bizocas e CEIP Valle-Inclán.

- Servizos complementarios: transporte escolar.