Distribución de máscaras entre o alumnado ESO

 

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica por medio da Orde do 28 de outubro de 2021 os criterios e procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado.

O procedemento vai dirixido ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial que, de acordo coa Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2021/22:

  1. Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.
  2. Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:
    1. Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
    2. Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

Deberán presentar solicitude os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado que non presentou solicitude de material escolar en tempo e forma ou resultou excluída. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa con que conviva en acollemento familiar.

A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/22; se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros.

As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro.

Non terá que presentar solicitude o alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar no curso 2021/22.

A documentación mínima a presentar, por regra xeral, é a seguinte: Anexo I, Anexo II, Copia do libro de familia e, se é o caso, sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a custodia do/da menor (e orixinais para o cotexo). Excepcionalmente poderase acreditar o número de membros da unidade familiar mediante un certificado ou volante de convivencia ou cun informe de servizos sociais do concello de residencia.

O prazo de presentación de solicitudes é do 15/11/2021 ao 26/11/2021.

Teñen toda a información sobre esta convocatoria no arquivo que se achega. Facilítase tamén o modelo de solicitude (Anexo I e II).

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
ED330E (AnexoI).pdf1.16 MB
ED330E (AnexoII).pdf671.53 KB
Orde máscaras.pdf747.25 KB