INICIO DE CURSO 2021/2022

O vindeiro mércores 15 de setembro dará comezo o novo curso escolar.

- O horario será o ordinario, é decir, de 8:35 a 14:10

- O alumnado que utilice o transporte escolar terá que estar nas paradas ás 8:00

- Cando cheguen ó centro, o alumnado esperará no patio, na zona habilitada, respectando as distancias de seguridade.

- Chamaráselles por grupo, para que suban acompañados do titor ou titora.

- Unha vez na aula, daráselles o seu horario, entregaránselle os libros de préstamo e darase a información necesaria.

 

LEMBRAMOS que é obrigatorio o uso de máscara en todo o recinto escolar, así como manter a distancia social e a hixiene de mans cando sexa necesario.