Listaxe PROVISIONAL Fondo Libros-Axudas material 2020/2021

Hoxe, 10 de xullo, publícase a listaxe provisional de solicitudes admitidas/excluídas do préstamo de libros de texto do Fondo solidario-Axudas material 2020/2021 convocado pola Consellería de Educación (Prazo de reclamacións: nos dous días hábiles seguintes).

 

Todas as solicitudes presentadas resultaron admitidas. Lembramos que os libros asígnanse por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar.

O alumnado para o que se indica
"asignaranse como mínimo 6 libros" tamén resultará beneficiario do vale para mercar
material escolar. Unha vez comece o curso entregaranse estes vales xunto cos
libros de texto.

 

Está previsto que o 14 de setembro se publique a listaxe definitiva onde se relacionarán os libros concretos que se lle prestarán a cada alumno/a.

 

A listaxe poderá consultarse tanto no propio centro como a través da aplicación FONDOLIBROS, accedendo, de ser o caso, a través do menú "Cidadáns"