Préstamo de libros e axudas para material, curso 2020-2021

 

No DOG de hoxe, 19/05/2020, publicouse a ORDE do 12 de maio da Consellería de Educación, Universidade e FP, que regula para o curso 2020/21:

a) A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en calquera dos cursos da ESO (manteranse os libros de texto do curso 2019/20).

b) A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en calquera dos cursos da ESO.

 

 

REQUISITOS para poder participar na convocatoria:

 

- FONDO LIBROS: Pódese solicitar con independencia da renda per cápita, pero os libros dispoñibles repartiranse por orde inversa á renda, ata que se esgoten, garantindo:

- Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 6 libros de texto.

- Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 4 libros de texto.

 

- AXUDAS MATERIAL: Alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (axuda: 50 )

 

Para calquera modalidade (fondo libros ou axudas material) é IMPRESCINDIBLE devolver os libros de texto, de ter sido beneficiario no curso 2019/20. Cando se vaia rematando este curso avisarase do prazo límite para devolvelos (agás para o alumnado que teña algunha materia pendente, que poderá quedar co libro correspondente ata que se examine en setembro).

 

 

PRAZO de presentación de solicitudes: do 20 de maio ata o 19 de xuño.

 

Teñen acceso ao FORMULARIO de solicitudena aplicación informática "Fondolibros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros).

Presentaranse preferiblemente por vía ELECTRÓNICA, a través da sede da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B), empregando calquera mecanismo de identificación e sinatura admitido, como por exemplo: Chave365, DNI electrónico, certificado FNMT.

No caso de non dispoñer de ningún medio de identificación e sinatura dixital, poderase presentar a solicitude PRESENCIALMENTE no instituto ou en calquera dos lugares e rexistros públicos. Para presentala presencialmente no instituto será imprescindible solicitar CITA PREVIA chamando ao 886 151 420 ou por correo electrónico a: ies.asbizocas@edu.xunta.gal

 

A SOLICITUDE será única para todos os/as fillos/as que estean admitidos/as no mesmo centro docente para o curso 2020/21, e especificarase o nivel de estudos que se espera que realice cada un deles. Se están admitidos en centros distintos presentarase unha solicitude en cada centro educativo (e no caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a).

 

 

 

PARA CUBRIR A SOLICITUDE LEMBRE:

 

- O primeiro apartado, "Datos da persoa solicitante", cubrirase cos datos do pai ou da nai ou da persoa representante legal, quen a asinará, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto prestados do fondo e o material reutilizable mercados coa axuda. As autorizacións dos restantes membros da unidade familiar (excepto do proxenitor que se indique como "solicitante"), figurarán no apartado Anexo II do formulario de solicitude.

 

- Cando a documentación se presente de xeito presencial, achegaranse as fotocopias e os respectivos orixinais, para poder verificar a súa autenticidade. En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2018 (agás no caso de violencia de xénero).

 

- TODAS AS SOLICITUDES teñen que acreditar documentalmente os membros da unidade familiar a 31/12/2018 (co libro de familia e ademais sentenza de separación ou divorcio de ser o caso, como regra xeral). LER o arquivo en "pdf" adxunto, que contén un resumo dos requisitos que hai que cumprir para participar nesta convocatoria e mais toda a documentación necesaria e preceptiva que hai que presentar para a tramitación.

 



PUBLICACIÓN DE LISTAXES DE ADMITIDOS/EXCLUIDOS:

- Fondo de libros de texto: A listaxe provisional de alumnado admitido publicarase arredor do día 10 de xullo (para a listaxe definitiva haberá que agardar ata o 14 de setembro).

- Vales para mercar material escolar: Porase un aviso arredor do día10 de xullo informando da tramitación dos vales. (En todo caso, os vales entregaránselle ao alumnado beneficiario a canda os libros de texto, durante os primeiros días de clase do próximo curso).

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
Resumo requisitos e documentación 2020-21.pdf269.6 KB