RESTABLECEMENTO DO PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

 

Segundo a Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Cecop (DOG do 6 de maio de 2020) restablécense os prazos do proceso de admisión de alumnado do 11 ao 18 de maio.

 

Polo tanto, o alumnado doutros centros educativos que desexe incorporarse ao IES As Bizocas no curso 2020-2021, se non o fixo xa, deberá presentar a solicitude de admisión do 11 ao 18 de maio.

 

Na seguinte ligazón lembramos a información deste trámite publicada con anterioridade nesta páxina web: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesasbizocas/node/443

 

A presentación de solicitudes farase preferiblemente de xeito telemático

Aquelas persoas que desexen facelo de xeito presencial acudirán ao instituto individualmente con CITA PREVIA por petición telefónica, chamando ao 886 151 420 en horario de 09:00h a 14:00h do luns 11 de maio ata o luns 18 de maio, incluído (ou solicitándoa por correo electrónico a: ies.asbizocas@edu.xunta.es). 

Neste caso LEMBRE:

- Traer toda a documentación necesaria e a solicitude xa cuberta

- Acudir coas medidas hixiénicas recomendadas frente ao Covid-19

- Só se permite o acceso individual (unha persoa por trámite) con cita previa

 

 

Teñen acceso ao impreso de solicitude e toda a información na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

 

 

 

Os novos prazos do proceso de admisión quedan como se indica a continuación:

 

Presentación de solicitudes de admisión: do 11 ao 18 de maio.

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020. Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria: do 1 ao 10 xullo. (Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020).