Actividades de formación en linguas estranxeiras 2020

 

A Consellería de Educación, Universidade e FP convoca prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no verán de 2020.

 

As estadías propostas para o alumnado matriculado actualmente na ESO desenvolveranse en inglés e serán en Galicia. Poderá participar nesta convocatoria o alumnado que, entre outros requistos, teña:

- Todas as materias superadas no curso 2018/2019

- Unha cualificación mínima de 6 (ben) na materia de lingua inglesa no curso 2018/19

 

PRAZO de solicitude: ata o 26 de marzo (incluído).

 

O alumnado interesado en solicitar estas actividades ten toda a información en: https://www.edu.xunta.es/axudasle/PaxinaInicio.do

 

Debe lembrar solicitar previamente no instituto unha certificación de matrícula do curso actual e tamén unha certificación académica do curso pasado (o alumnado de 1º ESO terá que pedir esta última no colexio de procedencia).

 

AdxuntoTamaño
Info Axudasle 2020.pdf1.34 MB