Procedemento de ADMISIÓN de alumnado para o curso 2019/2020

 

O alumnado doutros centros educativos que desexe incorporarse ao IES As Bizocas no curso 2019-2020 terá que presentar a solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo.

 

 

A OFERTA DE POSTOS ESCOLARES en cada un dos cursos é a seguinte:

 

- 1º ESO: 2 (+ 6 NEEAE)


-
2º ESO: 0


-
3º ESO: 16


-
4º ESO: 28

 

Só se poderá presentar unha única SOLICITUDE DE ADMISIÓN por alumno/a no centro no que solicite praza en primeiro lugar, empregando o formulario oficialmente establecido (Anexo II). Existe unha APLICACIÓN, mediante a que poden cubrir a solicitude nun ordenador, marcar os criterios do baremo (dos criterios que, chegado o caso, queiran que se lles valore), e imprimila e presentala de forma presencial no centro ou por vía electrónica a través da propia aplicación (utilizando dni-e, certificado dixital ou chave365).

 

Teñen toda a INFORMACIÓN do procedemento de admisión e manuais de axuda para as familias na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

 

Lémbrase que co Anexo II de solicitude deberán achegar:

- Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (dni ou libro de familia)

- Certificado de matrícula do curso actual

- Se é o caso, convenio regular ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio

 

Non será necesario presentar máis documentación, salvo que se opoñan á consulta automática dos datos.

No caso de que haxa que baremar avisarase (arredor do 21 de marzo) do prazo para presentar presencialmente no centro a documentación acreditativa dos criterios alegados na solicitude.

 

 

NOTAS DE INTERESE:

1. Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, do contrario perderá os dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe. O actual alumnado do IES As Bizocas ten garantida a súa permanencia para cursar as ensinanzas de ESO neste centro. Porén, o alumnado matriculado en 4º ESO debe presentar a solicitude de admisión no instituto da súa elección onde queira continuar os estudos.

3. Oalumnado que ten reservada de praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicara renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

4. As familias deben ser conscientes de que ÚNICAMENTE o alumnado que segundo o domicilio alegado a efectos de valoración estea na zona de influencia deste centro terá dereito ao servizo de TRANSPORTE ESCOLAR ofrecido pola Xunta de Galicia.

 

 

LEXISLACIÓN APLICABLE:

  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación  infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato  reguladas  na  Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 12 de marzo de 2013pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

 

OUTRA INFORMACIÓN:

- Centros adscritos: CEIP As Bizocas e CEIP Valle-Inclán.

- Servizos complementarios: transporte escolar.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
Anexo II, solicitude admisión.pdf1.13 MB
Calendario do proceso de admisión e matrícula.pdf335.45 KB