Convocado o préstamo de libros de texto e as axudas para material escolar 2018/2019

 

No DOG do día 21/05/2018 publicouse a ORDE do 9 de maio de 2018 mediante a que a Xunta de Galicia regula para o curso 2018/19:

a) A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en calquera dos cursos da ESO (manteranse os libros de texto do curso 2017/18).

b) A convocatoria de axudas para adquirir material escolardestinadas ao alumnado matriculado en calquera dos cursos da ESO.

 

REQUISITOS para poder participar na convocatoria:

- FONDO LIBROS: Pódese solicitar con independencia da renda per cápita, pero os libros dispoñibles no Fondo repartiranse por orde inversa á renda, ata que se esgoten, garantindo:

- Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: 6 libros de texto.

- Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 €: 4 libros de texto.

- AXUDAS MATERIAL: Alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 5.400 (axuda: 50 )

 

AVISO: Para calquera modalidade (fondo ou axudas) é IMPRESCINDIBLE ter devolto os libros de texto de ter sido beneficiario no curso 2017/18. O prazo límite para devolvelos será o 22 de xuño de 2018 (agás para o alumnado que teña algunha materia pendente, que poderá quedar co libro correspondente ata que se examine en setembro).

 

PRAZO de presentación de solicitudes: do 22/05/2018 ata o 22/06/2018. Presentaranse no centro educativo onde estea admitido/a o/a alumno/a para estudar no curso 2018/2019, de xeito presencial ou a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia).

 

A SOLICITUDE será única para todos os/as fillos/as que estean admitidos/as no mesmo centro docente para o curso 2018/19, e especificarase o nivel de estudos que se espera que realice cada un/unha. (Se están admitidos en centros distintos presentarase unha solicitude en cada centro educativo). No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a.

A solicitude cubrirase cos datos do pai/nai/titor-a legal como persoa "solicitante", quen deberá ASINAR, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto prestados do fondo e o material reutilizable mercados coa axuda. (As autorizacións dos restantes membros da unidade familiar, excepto do que se indique como "solicitante", figurarán no apartado Anexo II do formulario de solicitude).

 

Cando a documentación se presente no centro docente, achegaranse fotocopias e os respectivos orixinais, para que a persoa que a reciba verifique a súa autenticidade. En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica en 31 de decembro de 2016 (agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica).

 

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DE ADMITIDOS/EXCLUIDOS (datas aproximadas):

- Fondo de libros de texto: A listaxe provisional de alumnado admitido publicarase nesta web arredor do día 12/07/2018 (para a listaxe definitiva haberá que agardar ata setembro, ao 14/09/2018).

- Vales para mercar material escolar: Porase un aviso nesta web arredor do 12 de xullo informando da tramitación dos vales.

 

No documento adxunto achégase un resumo da información dos requisitos que hai que cumprir para participar nesta convocatoria e mais da documentación necesaria para a tramitación.

 

AdxuntoTamaño
DOG Fondolibros-axudas mat 2018-19.pdf988.33 KB
Solicitude Fondolibros material2018.pdf2.02 MB
Resumo requisitos e documentación.pdf110.03 KB