CONVOCADAS VARIAS BOLSAS PARA ESTUDAR INGLÉS NO VERÁN

 

Convocáronse varias bolsas para estudar inglés no verán de 2016. Lémbraselle ao alumnado interesado en participar nalgunha delas que ten que solicitar unha certificación académica en secretaría.

 

 

Actualmente hai tres convocatorias con prazo de solicitudes aberto, son as seguintes:

 

 

1) Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras:

 

  • A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 682 prazas.

  • Para alumnado de ESO e bacharelato.

  • PRAZO: Até o 28 de abril.

  • Máis información: www.edu.xunta.es/axudasle

 

 

 

2) Bolsas Eurolingua para Irlanda:

 

¿Qué inclúen as bolsas?

 

  • Cursos de 2 semanas en Irlanda: Dublin ou Derry.

  • 20 Clases semanais.

  • Aloxamento en residencia ou familia.

  • Actividades, excursións e visitas complementarias

 

¿A quen van dirixidas?

 

  • Estudantes universitarios, alumnado da ESO, Bacharelato e ciclos formativos de Galicia

     

 

Requisitos do alumnado:

 

  • Data de nacemento anterior ao 30 diciembre de 2001.

  • Media académica de a lo menos 6 puntos (na 1ª e 2ª avaliación do curso 2015/2016).

 

PRAZO: remata o 28 de abril de 2016.

 

Máis información: www.becaseurolingua.com

 

 

 

 

3) Inmersión lingüística en colonias de vacacións para o verán de 2016:

 

  • O Ministerio de Educación convoca 2200 axudas para a participación nunha das colonias de dúas semanas de duración, organizadas durante o mes de xullo de 2016 nalgunha localidade de España, para alumnos de 1º e 2º da ESO.

     

  • Requisitos:

    a. Estar matriculado en centros sostidos con fondos públicos durante o presente curso 2015/2016.
    b. Obter, como mínimo,
    notable(7)como nota media do curso 2014-2015.
    c. Obter, como mínimo,
    notable(7) como nota final na materia de inglés no curso 2014/15.
    d. Non ser beneficiario da axuda en convocatorias anteriores

     

  • Estas axudas distribúense en dous grupos:
    Primeira quenda para alumnos de
    1º da ESO: do 3 de xullo ao 17 de xullo de 2016. (Grupo I: 660 axudas de ata 476 € / Grupo II: 440 axudas de ata 326 €).
    Segunda quenda para alumnos de
    2º da ESO: do 17 de xullo ao 31 de xullo de 2016. (Grupo I: 660 axudas de ata 476 € / Grupo II: 440 axudas de ata 326 €).

     

  • PRAZO: ata o 15 de abril de 2016.

     

  • Máis información no BOE do 29 de marzo de 2016 e en http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/idiomas.html