LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2015/2016: prazo aberto

A gratuidade solidaria de libros de texto para o próximo curso escolar 2015-2016 levarase a cabo mediante dous procedementos:

- Axudas para a adquisición de libros de texto para os cursos 1º e 3º ESO (o prazo para solicitar estas axudas abriase a canda a matrícula).

- Fondo solidario de libros de texto, para 2º e 4º ESO. O prazo para solicitar acollerse ao Fondo solidario xa está aberto (ofrecemos máis información a continuación).

 

Para poder acollerse a calquera destes dous sistemas é requisito imprescindible, entre outros, que o alumno teña devolto ao centro os libros que comprara coa axuda do curso 2014/2015 antes do 19 de xuño (de ter sido beneficiario do cheque para mercar os libros). A falta de devolución dos libros é causa de exclusión tanto do fondo solidario como da convocatoria das axudas, e ademáis iniciarase un expediente de reintegro da axuda concedida o curso pasado.

 

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO para 2º e 4º ESO, curso 2015-2016: PRAZO ABERTO

 

- Normativa que o regula: Orde do 21 de maio de 2015 (DOG do 1 de xuño)

- O fondo solidario de libros de texto está integrado polos libros de texto adquiridos polas familias coas axudas do curso 2014/2015 que o alumnado está obrigado a devolver ao centro agora ó rematar este curso, e por aqueles outros libros e material reutilizable cedidos voluntariamente.

- Asignación dos libros: farase por orde inversa á renda per cápita familiar (do ano 2013), non obstante terá preferencia o alumnado tutelado ou en garda da Xunta de Galicia e o que teña discapacidade igual ou superior ao 65 %. Os libros entregaranse ao alumnado ao comezo do curso 2015-2016.

- Requisitos para solicitar libros do fondo solidario: estar matriculado en 2º ou 4º ESO e ter devolto os libros que mercara con cargo á axuda do curso 2014/15 antes do 19 de xuño.

- PRAZO DE SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN QUE HAI QUE ADXUNTAR:

  • Prazo de solicitude ABERTO: do 2 ao 30 de xuño de 2015.A solicitude (Anexo I) presentarase en soporte papel no centro onde estea matriculado ou se vaia matricular o alumno no curso 2015/2016.

  • Copia do DNI / NIE dos membros computables da unidade familiar, só cando non autoricen a consulta de forma telemática.

  • Terase en conta a situación familiar a 31 de decembro de 2014. Son membros computables (regra xeral): os proxenitores non separados legalmente nin divorciados ou titor/es do alumnado; os/as fillos/as solteiros/as menores de 25 anos que convivan no domicilio familiar e os maiores de 18 anos discapacidados ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potesetade.

  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. No caso de non ter Libro de familia ou se a situación familiar, o día 31 de decembro de 2013, non coincide coa reflectida no Libro terá que acreditarse documentalmente con:

    • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.

    • Certificado ou volante de convivencia.

    • Informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia.

    • Certificado de falecemento.

  • No caso de discapacidade da/o alumna/o, do solicitante ou dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse o orixinal e unha fotocopia (ou a copia compulsada) do certificado acreditativo do grao de discapacidade emitido polo órgano competente ou o documento acreditativo da condición de perceptor dunha pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou dunha pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

  • Determinación da renta per cápita da unidade familiar no exercicio fiscal 2013: obterase sumando as rendas de cada un dos membros computables da unidade familiar que obteñan ingresos de calquera natureza. Cando se presentase declaración da renda sumaranse os recadros 366 (base impoñible xeral) e 374 (base impoñible do aforro); cando non se presentase sumaranse todas as rendas netas obtidas durante o exercicio 2013. Ese resultado hai que dividilo entre o número de membros computables. (Computarán por 2 os membros que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 %).

  • Achegarase copia da declaración do IRPF do exercicio 2013 ou, na falta desta, do certificado tributario de imputacións dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricen a consulta de forma telemática.

  • De alegar violencia de xénero acreditarase documentalmente.

 

No momento de entregar a documentación deberase aportar o orixinal para poder cotexar as fotocopias.

 

AdxuntoTamaño
DOG Fondo libros de texto 2º e 4º ESO 2015-2016.pdf702.46 KB
ANEXO I, Soli Fondo Libros 2º e 4º ESO 2015-2016.pdf609.98 KB