Skip to Content

MAKING OFF BUSCANDO O NORTE.

Bo día, familias!

Neste derradeiro día deste atípico curso queremos compartir con vos parte do traballo que os nenos e nenas estiveron a facer.

Ao abeiro de política lingüística e dento dos Plan Proxecta participamos na realización dunha curta a partir da adaptación dun conto.

Coa suspensión das clases presenciais tivemos un parón e non deu tempo a rematalo, pero para o curso que ven o teremos listo.

Pero para que vexades todo o que se traballou, aquí vos deixamos o making off como adianto!

Agardamos que vos guste e o disfrutedes!

 

 

Pasade un moi bo verán. Unha aperta moi grande de todo o claustro!

DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA

 

 Dende hai xa bastantes anos a EEI SAN ROQUE sumouse a celebración do DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA, iniciativa proposta polo CEIP de CERVO aló polo ano 2012, na data do día 1 de xuño como recordatorio do nacemento de Luís Seone, xenio das ARTES e das LETRAS.

O longo de varios cursos fixemos actividades moi diversas, nos primeiros anos recibimos a DAVID CATÁ artista veciño, logo fixemos obras artísticas tanto individuais como colectivas, para acabar traballando a arte galega en colaboración coa asociación "Tá en Artes", formada por artistas mariñáns. Desta colaboración naceron obras que formaron, xunto con outros moitos centros da Mariña,parte da exposición anual, que vense realizando no CENIMA de Foz con moito éxito entre as familias que a visitábades.

Este curso quedamos na casa, pero tamén dende a casa queremos recordar a importancia da arte galega no mundo en que vivimos, e que as vosas fillas e fillos son  artistas en potencia polo que debemos seguir cultivando a súa creatividade.

Con este obxectivo propoñemos unha actividade moi lúdica e divertida. Mirade a presentación con moita atención e os nenos e nenas o maxín a traballar. Ata o luns 15 de xuño esperamos recibir as obras dos vosos pequenos e pequenas superartistas.

Recordade que esta semana tamén celebramos os DÍAS DO MEDIO AMBIENTE E DOS OCÉANOS, no blog de VOZ NATURA tedes unha proposta moi interesante para entregar o venres día 5, é un xeito de aprender facendo para axudar a que o planeta Terra siga vivo.

28 de abril- día da educación física na rúa (hoxe na casa)

Hoxe dende o centro educativo queremos convidarvos máis que nunca a que coidedes o voso corpo e a vosa mente adicándolle uns minutiños ao día a facer algo de exercicio, e xa que non pode ser na rúa , facédeo dende as casas.

Si vós apetece ter máis información pinchade AQUÍ.

Queremos lanzar a seguinte proposta que xa se está a levar a cabo dende moitos centros da Mariña:

Así que animádevos a mandar os vosos vídeos ao teléfono  646148944 ou á dirección de correo   familiassanroque@gmail.com.

As mestras xa nos puxemos a adestrar e nuns días colgaremos un vídeo para animarvos.

Recordade:

. Vídeos gravados en horizontal 

. 15 segundos de duración aproximadamente

. A antorcha entrará pola dereita e sairá pola esquerda

 

 Ahh!! e por si queredes amenizar a xornada, unha canción máis que interesante para os máis pequechos e pequechas da casa.

                                                     

O Claustro

 

O PROMETIDO É DÉBEDA, AHÍ VAI!!!DESEXAMOS QUE VÓS GUSTE

 

 

Xa vimos que vos puxéchedes a adestrar duramente para gañar estas olimpiadas e fixéchedesnos pasar un rato moi diVertido. Gracias a vós e ás vosas familias polo esforzo!!!!

 Tedes ata o vindeiro xoves 7 para seguir enviando os vosos vídeos e o venres subiremos o vídep definitivo á web coas vosas aportacións. Sodes xeniais!!!!

 

E se queredes ver como os nosos maiores se poñen en forma botade un ollo AQUÍ!!!

 

 

A MICRORREDE DA MARIÑA QUEDA NA CASA

Queridas familias as e os coordinadores das bibliotecas escolares dos centros da Mariña que formamos a MICRORREDE A MARIÑA decidimos, en reunión telemática, pospoñer o noveno proxecto "CIDAD(A)NS DA MARIÑA, CIDAD(A)NS DO MUNDO" para o vindeiro curso 2020/2021.

Fixemos un video de ánimo para todas e todos, e tamen recordatorio de todos estes cursos de traballo colaborativo ( pincha enriba para velo)

A proposta dende a nosa biblioteca  consiste na realización dunha fotografía artística  coas lecturas preferidas de cada membro da familia, como algunhas familias xa non formaredes parte da nosa comunidade educativa e xa entregastes fotos, parecenos que, a menos que manifestedes a vosa disconformidade, poden e deben formar parte da  aportación da EEI San Roque á exposición. Tamén  todas aquelas familias que estando na mesma situación poden ainda facernolas chegar, sin presa ningunha, xa que a actividade posponse  ata dentro dun ano.

 

 

UN BAÚL DE RECORDOS

Ola nenas, nenos e familias!!!!

As mestras e o mestre do cole San Roque, seguimos a maquinar a maneira de estar unidos nesta distancia que nos tocou vivir. 

Por iso, primeiro, queremos mandarvos unha mensaxe moi importante.

E en segundo lugar, proproñémosvos que poñades o voso maxín a traballar e participedes neste reto que pensamos para vós con moito agarimo e con gañas de que pasedes un ratiño entretidos.

Podedes deixar os vosos comentarios abaixo ou mandalos por correo electrónico a: familiassanroque@gmail.com ou no teléfono 646148944

Moito ánimo e milleiros de achuchóns 

O Claustro

 

DÍA INTERNACIONAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

As mestras e mestre, coa axuda das familias e dos nenos e nenas da EEI San Roque, queremos reivindicar a plena inclusión do colectivo TEA na sociedade. É por iso que decidimos participar na campaña "Podo aprender. Podo traballar" coa elaboración deste vídeo. (REPRODUCIR)

Tamén vos invitamos a sumarvos á iniciativa Light it up blue, e sae ao teu balcón ou fiestra ás 21 horas de hoxe para iluminar de azul co teu móvil ou cunha lanterna.

Reivindiquemos unha sociedade inclusora, todos e todas podemos.

 

QUEDAMOS NA CASA

Queridas familias,

o vindeiro venres, día 3 de abril ás 11.30 h., publicarase por Abalar Móbil o boletín de notas correspondente ao 2º trimestre do curso.

INFORMACIÓN ESPAZO ABALAR

GUÍA PARA AS FAMILIAS DO ESPAZO ABALAR

Todas/os nós tamén botamos moito de menos as nosas nenas e nenos e as familias.

Esperamos que o tempo para volver o noso cole bonito non sexa moito.

Queremos dar as grazas por compartir o que estades a facer na casa, axudanos a estar máis contentas e contentos.

Grazas superfamilias.

EXPERIMENTAMOS COA NATUREZA

Ao longo destes días de confinamento tamén iremos subindo ao blog de VOZ NATURA uns enlaces moi interesantes para que nas vosas casas experimentes con diferentes obxectos relacionados coa natureza. Aquí pos deixo o enlace VOZ NATURA

VIAXE AO REINO DAS EMOCIÓNS(Fundación Meniños)

 O voso amigo Draco vos envía unha mensaxe...

https://fundacionmeninos.wordpress.com/2020/03/26/draco-tamen-queda-na-casa/ 

 Tamén quere achegarvos material sobre o conto Viaxe ao reino das emocións e as personaxes do mesmo para imprimir, se vos apetece.

 Como todos/as coñecedes a Draco, a personaxe principal do conto, podedes realizar un retrato ou debuxo do mesmo e envialo ao correo familiassanroque@gmail.com

 Como idea para que os nenos/as non perdan contacto co proxecto, as familias poden usar:

a) O xogo O reino das emocións que está dispoñible na páxina web de Milu: http://xogo.mundodemilu.org/

b) Bibliografía sobre as emocións: http://mundodemilu.org/es/21

c) Filmografía sobre as emocións:  http://mundodemilu.org/es/28

 
e) Nova habilidade: adxuntamos unha ficha para que os nenos/as fagan un debuxo sobre algunha nova habilidade adquirida neste periodo de confinamento. Co obxecto de reflexionar sobre estas aprendizaxes e fomentar a construción dunha autoestima ben asentada.
 
f) Unha infografía sobre as aprendizaxes como familia neste periodo http://mundodemilu.org/es/27

 Moito ánimo nestes días.

FOTOS DESDE A CASA

 Xa están chegando as primeiras fotos das vosas actividades... E para ver o que están a facer os vosos compis nestes días, só tedes que pinchar nos enlaces de aquí abaixo:

- 4º de Educación Infantil PINCHA AQUÍ

- 5º de Educación Infantil PINCHA AQUÍ

- 6º de Educación Infantil PINCHA AQUÍ

Animámosvos a enviar fotos de todas aquelas actividades que esteades a realizar nas vosas casas ao enderezo electrónico familiassanroque@gmail.com. Tamén por  wps ao teléfono 646148944

 Ademais, podedes consultar as propostas das vosas mestras, nos respectivos niveis. Tamén podedes consultar actividades dos especialistas nos seguintes enlaces:

- Audición e Linguaxe PINCHA AQUÍ

- Lingua Extranxeira PINCHA AQUÍ

- Pedagoxía Terapéutica PINCHA AQUÍ

Moito ánimo

Distribuir contido


by Dr. Radut