Skip to Content

PROXECTO DA POLÍCIA NACIONAL

Desde está páxina queremos divulgar un proxecto da Polícia Nacional polo interese que pode ter para a nosa Comunidade educativa.

    #SéGenialEnInternet:

‘Sé Genial en Internet’, una iniciativa para enseñar a los niños buenos hábitos en el entorno digital

Na páxina da Polícia dise textualmente:

El proyecto ofrece un conjunto de recursos a familias y educadores para enseñar a los más pequeños a hacer un uso responsable de Internet

La iniciativa aborda cinco principios que se desprenden de todas las actividades y recomendaciones derivadas del programa dirigidas a niños, padres y profesores::

 

- Comparte con cuidado: Sé inteligente en Internet

- No caigas en trampas: Mantente alerta en Internet

- Protege tus secretos: Mantente seguro en Internet

- Ser amable es genial: Sé amable en Internet

- Si tienes dudas, pregunta: Sé valiente en Internet

BUSCANDO O NORTE

Dentro dos Plans Proxecta do curso pasado participamos no programa "Nós tamén creamos", un programa de promoción da adquisición, do uso e da valoración da lingua galega na aula por medio da creatividade e da incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación.

A actividade consistiu na realización dunha curtametraxe de animación a partir dun conto de OQO elexido polas nenas e nenos titulado" Buscando o norte".

Nós quixemos adaptar o conto e ubicalo na nosa localidade polo que a acción da curta discurre en Viveiro.

 No traballo realizado participaron tamén dúas das mestras que xa non están con nós, Paula e Olalla, as que agradecemos o seu esforzo, así como a Iván Vale autor da canción composta para esta curta. 

Polas circunstancias vividas este programa alongouse no tempo e non foi ata o de agora, que se fallaron os premios, que puidemos publicar a curta realizada.

Esperamos que disfrutedes moito deste fermoso conto

 

BUSCANDO O NORTE

 

RECORDATORIO

     Estimadas familias,

     Ante a situación crítica actual que vive o noso Concello, aos datos nos remitimos, o Claustro considera necesario recordarvos que todo o alumnado debe de traer máscara ao cole, por respecto a os seus compañeiros e compañeiras que a traen a diario e a toda a Comunidade educativa.

     Agradecemos o esforzo que faces tódolos días para evitar ter que pechar aulas.

     un saúdo.

2º TRIMESTRE

Queridas familias:

Queremos darvos a benvida ao comenzar o segundo trimestre deste curso atípico, asemade, dadas as circunstancias da pandemia, lembrarvos extremar as precaucións e seguir os protocolos establecidos nesta escola (como recordatorio procurade mirar a temperatura antes de acudir á escola e non envialos ante calquera síntoma, por pequeno que sexa, non facer grupos nas entradas e saídas...).

É responsabilidade de toda a comunidade educativa continuar coma no 1º trimestre.

Debemos coidarnos para coidar.

Grazas pola vosa responsabilidade e axuda.

POSTAIS DE NADAL

 
Decoramos a árbore da What do you want to do ?

New mail

Decoramos a árbore da entrada da nosa escola con postais de Nadal. realizadas polo noso alumnado en relación á temática do Camiño de Santiago.
 
 
What do you want to do ?

New mail

NADAL ESPECIAL

Este é un Nadal diferente polas circunstancias que nos rodean pero non por iso deixa de ser un tempo especial, de ilusións, de alegrías,... para as nosas nenas e os nosos nenos.

Por iso, desde o centro, queremos facer unha modesta aportación con recomendacións que poden axudar ao desenrolo do noso benquerido alumnado. Cun pequeno recordatorio neste tempo difícil para todos:

 MERCA NO COMERCIO LOCAL E DE PROXIMIDADE

 Axudarnos mutuamente é necesario, xa que sempre estaremos  interconectados, e o que é bo para un tamén será bo para a comunidade onde vive.

 

 

INFORMACIÓN BÁSICA PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

QUEREMOS COMPARTIR CON TODAS AS FAMILIAS UNHA INFORMACIÓN BÁSICA QUE PRETENDE AXUDARVOS A RECORDAR NORMAS, HORARIOS E RECOMENDACIÓNS PARA QUE A VOLTA AO COLE SEXA O MÁIS SEGURA POSIBLE.

 

PLAN DE ACOLLIDA E PLAN DE CONTINXENCIA

Reunidos no día de hoxe os membros do Consello Escolar foron informados do Protocolo e do Plan de Acollida e Plan de Continxencia,  que desenrola ao mesmo.

Estes Plans promenorizan aspectos importantes do Protocolo polo que aconsellamos a súa lectura por parte de todas as familias. Están supeditados aos cambios que estableza as Consellerías de Educación e Sanidade en cada momento.

 

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19

Queridas familias estamos a traballar para dar a maior seguridade posible durante este novo curso que iniciaremos en breve.

Iremos informando desde esta páxina web, asi como avisos por mensaxería abalar.

As familias, de novo ingreso, 4º de Infantil ( tres anos) serán en breve chamadas via telefónica pola titora .

O equipo docente deste centro preteden tomar todas as medidas posibles para evitar contaxios e dar a maior seguridade e tranquilidade a toda a nosa comunidade educativa. Todas e todos temos que responsabilizarnos de  realizar as recomendacións e as normas que aparecen no protocolo que se adxunta abaixo, o éxito estará en levar a cabo un escrupuloso cumprimento das mesmas.

Somos conscientes de que supón un sacrificio por parte de toda a comunidade educativa, pero merece a pena si pensamos que esto non só é importante para a nosa saúde se non tamén para o futuro dos nosos moi queridos nenos e nenas e a unha sociedade próspera .

 

 Pinchade enriba do adxunto

FAMILIAS

Queridas familias estamos a punto de comezar un novo curso, sabemos que tedes moitas inquedanzas e incertezas por iso o equipo docente deste centro está a traballar para dar a maior seguridade posible durante todos os seguintes meses. Tomaremos todas as medidas hixiénicas e de prevención ó máis axeitadas posible, en poucos días iremos poñendo toda a información  nesta web.

Sabemos que o éxito dunha escola segura será cousa de todas e cada unha das persoas que formamos esta comunidade educativa, é responsabilidade de todas e todos seguir as normas e recomendacións.

Antes de comenzar queremos recordar que as familias sodes o máis importante, as que marchades, as que quedades e as que ides comenzar por iso deixamos esta presentación cos moitos dos traballos da última das propostas do curso pasado.

https://view.genial.ly/5ee00b1b42cda20d13c29881/presentation-as-familias-da-eei-san-roque

 

Distribuir contido


by Dr. Radut