Skip to Content

BUSCANDO O NORTE

Dentro dos Plans Proxecta do curso pasado participamos no programa "Nós tamén creamos", un programa de promoción da adquisición, do uso e da valoración da lingua galega na aula por medio da creatividade e da incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación.

A actividade consistiu na realización dunha curtametraxe de animación a partir dun conto de OQO elexido polas nenas e nenos titulado" Buscando o norte".

Nós quixemos adaptar o conto e ubicalo na nosa localidade polo que a acción da curta discurre en Viveiro.

 No traballo realizado participaron tamén dúas das mestras que xa non están con nós, Paula e Olalla, as que agradecemos o seu esforzo, así como a Iván Vale autor da canción composta para esta curta. 

Polas circunstancias vividas este programa alongouse no tempo e non foi ata o de agora, que se fallaron os premios, que puidemos publicar a curta realizada.

Esperamos que disfrutedes moito deste fermoso conto

 

BUSCANDO O NORTE

 



story | by Dr. Radut