Skip to Content

EMOCIÓNA-T

EMOCIONÓMETROS

Están en marcha novas actividades que axudan ao noso alumnado a un maior recoñecemento das emocións, asemade supoñen un lazo de unión familia escola xa que a través dos emoticonos, que leva a casa cada encargado diariamente, poden establecer un dialogo en famila a través do que a nena ou o neno conta como se sentiron e que cousas fixeron na aula cos compañeiros.

EMOCIÓNA-T(CPInclúe))

 Un curso máis adentrámonos no mundo das emocións, participamos así nos Contratos-Programa Inclúe. Neste enlace poderás ver tódalas actividades que estamos facendo a nivel de centro arredor das emocións...

EMOCIÓNA-T

EMOCIÓNS A FLOR DE PEL

Dentro do PDI "PALABRAS PARA ENTENDER O MUNDO" o proxecto EMOCIÓNA-T resulta fundamental para verbalizar o que sentimos, para aprender as palabras que poñen nome as nosas emocións e tamén ao que sinten as nosas compañeiras e cos nosos compañeiros.

Esas actividades forman parte das rutinas diarias da aula como é o caso dos EMOCIOGLOBOS 

Outra das primeiras actividades deste trimestre é o recoñecemento dunha das emocións primarias  e que asociamos a outras celebracións como o Samaín, así asociamos as cores aos MEDOS : o NEGRO, o VERMELLO e o MORADO.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut