Skip to Content

Novas Tecnoloxías

Tinkercad

Outro dos programas que usamos neste terceiro trimestre foi Tinkercad; no noso caso, para modelar e imprimir en 3D os letreiros da biblioteca, etc. Amais, practicamos as letras do alfabeto, contido fundamental en Educación Infantil.

 

 

 

Paneis dixitais!!!!

E tamén debemos agradecer a chegada destes dispositivos; son, concretamente, un para cada unidade. Se podes imaxinar unha tablet xigante, estás no certo! Así son!

Novos ordenadores!

Por fin! Concretamente son 4 equipos dunha marca de prestixio. Por conseguinte, agradecemos fondamente á Consellería esta iniciativa, tras varios anos agardando.

Intercambio de experiencias coas TIC!

Un dos obxectivos do Plan Dixital para este curso 2022-2023 é o de divulgar experiencias coas TIC noutros centros. Polo tanto, puxémonos en contacto co CEIP Plurilingüe Vista Alegre na localidade de Burela (a 24 km), e dito centro enviounos algunhas das que levan a cabo.

 

Encerado Dixital Interactivo

O alumnado de infantil construeu frases con imaxes a través da páxina web do programa Comunicarnos (Siembra estrellas) de Beatriz Haro. Hai un enlace dispoñible. Na EEI San Roque, tamén empregamos o EDI con frecuencia, e tomamos nota!

http://siembraestrellas.blogspot.com/2019/09/programa-comunicarnos-lenguaje-oral-los.html

 

 

Tableta

En Burela, como podemos observar, empréganas en formato xigante. Nós, en cambio, preferimos que sexan en formato reducido!

 

 

Croma

Abordando o proxecto do cine, neste caso. A maquillaxe e os efectos especiais foron os protagonistas, empregando, polo tanto, o croma e filtros dos teléfonos móbiles. Este recurso tamén o estamos comezando a empregar este curso 22-23 no San Roque!

Empregando os EDI´s!!

Con motivo do Día da Paz, entre outras moitas actividades, estamos empregando os encerados dixitais interactivos das aulas, para coñecer os diversos símbolos da Paz, segundo UNICEF. Por exemplo: o armamento roto, a pomba, os dedos en "V", etc. A páxina que usamos para crear os xogos foi Learning Apps, a cal é gratuita, intuitiva... E encantoulle ás/ós nosas/os peques!

 

Realidade Virtual

Neste novo curso 2022-2023, empregamos, entre outros recursos, as gafas de realidade virtual, mediante as cales o noso alumnado goza de experiencias visualmente entretidas, por exemplo, descubrindo os animais que viven no fondo do mar, etc.

 

 

 

Novas tabletas!!!

Mercamos unhas tabletas! Agora as/os nosas/os cativas/os poderán gozar co uso deste recurso, que nos permite empregar as nosas propias mans en actividades coma Primero Lee, Monster Numbers, Math Games, Kids Puzzles ou cos xogos que hai nos blogs!

Smartboards!

Por fin temos encerados dixitais en tódalas unidades do noso centro! Neste ano 2021 puidemos finalmente adquirir as que nos faltaban, e agora todo o noso alumnado gozará deste recurso tan esencial a día de hoxe no ensino, que nos permite visualizar vídeos, imaxes, xogos e infinidade de actividades interactivas!

Realidade aumentada

Nestes tempos de confinamento que estamos a vivir, nos que estamos desexando estar en contacto coa natureza, dende Aulas Galegas propóñennos poder visualizar animais a tamaño real, é dicir, en 3 dimensións, empregando o noso propio smartphone. Estes son os pasos:

  • Busca o nome dun animal en Google Chrome
  • Preme na opción Ver en 3D

  • Dálle a Ver no teu espazo.
  • Move o móbil para que apareza en pantalla.

 

Dende Aulas Galegas tamén nos lembran que o teu móbil debe ser compatible con AR CORE e coa tecnoloxía 3D. A continuación, tes un enlace para comprobar se o teu dispositivo dispón da mesma:

https://andro4all.com/2018/07/moviles-compatibles-arcore-realidad-aumentada-google-android

Próbao e non te asustes se aparece un tigre no salón!!!

 

Intelixencia Artificial

Seguindo coa participación en proxectos de innovación educativa, un par de mestras están a participar nun curso do Ministerio do Interior sobre Intelixencia Artificial. A derradeira parte de este curso é realizar co alumnado de 6º de Infantil unhas actividades para introducilos na aprendizaxe de esta materia. Á hora de preparar as actividades pensouse en, de maneira transversal, traballar á vez actividades relacionadas con outros proxectos do centro. Polo momento levamos realizadas 3 actividades distintas:

 

Programamos emocións: pola aula repartimos emojis que reflicten distintas emocións. Cada grupo saca unha tarxeta dunha situación e ten que “programar” a un compañeiro ou compañeira para que colla o emoji da emoción que se produce ante a situación da imaxe que acaba de recibir. 

 

Adiviñamos animais: Preparamos no taboleiro de chan de 5x5 dous puntos de partida, onde se sitúan dous “robots” de dous equipos distintos. Cada equipo debe programar ao seu “robot”para que, seguindo as instrucións, pasen polas celas onde hai interrogacións. Cada interrogación ten unha adiviña sobre algún animal que teñen que resolver para seguir avanzando.

 

Programamos pirámides alimentarias: A actividade consistiu en realizar unha pirámide alimenticia utilizando vasos e botes de refugallo nos que pegamos imaxes de distintos alimentos. Por equipas, teñen que “programar” a secuencia de pasos para que un compañeiro/a realice a pirámide.

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut