Skip to Content

ABERTO POR DIVERSIÓN. VÉMONOS

MATRÍCULA CURSO 2023-2024

 

       O prazo de matrícula para o alumnado de novo ingreso que solicitou praza neste centro é do 20 ao 30 de xuño, en horario de 10:30 a 11:30.

       Haberá que presentar o Impreso de matrícula cuberto, xunto coas autorizacións e as solicitudes de Transporte e/ou Comedor para aquelas familias que o solicitaron. Todo elo acompañado de:

       - 3 fotos  tamaño carnet.

       - Certificado médico no que se faga constar que o/a neno/a ten postas tódalas vacinas que lle corresponden pola súa idade.

       Teléfono de contacto: 982 870 957

 

       Os impresos pódense retirar no centro ou descarglos  nos Arquivos adxuntos:

 

BECAS NEAE 2023/2024

 

O vindeiro luns ,día 8 de maio,estará aberto o prazo de solicitude das Becas para o alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo.

BENEFICIARIOS

- Alumnos con NEAE derivadas de discapacidade.

- Alumnos con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH).

- Alumnos con Trastorno Grave da Conduta.

- Alumnos con Trastorno Grave da Comunicación e da Linguaxe.

- Alumnos con Trastorno do Espectro Autista (TEA).

- Alumnos con Altas Capacidades.

REQUISITOS

1. Ter cumpridos os dous anos de idade o 31 de decembro de 2022.

2. Estar escolarizado nun centro da administración educativa competente no momento de presentar a solicitude, cursando algúns do niveis educativos especificados na Resolución.

3. Acreditar a NEAE mediante:

- Certificado de discapacidade de, polo menos, o 33% nos casos dos alumnos con discapacidade.

- Certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do Departamento de Orientación no caso de alumnos con Trastornos Graves da Conduta e Trastornos Graves da Comunicación e a Linguaxe.

- As familias que sexan familia numerosa deberán acreditar tamén esta condición.

Os alumnos con TEA deberán, ademais, aportar un certificado médico expedido polos servizos de saúde sostidos con fondos públicos.

COMO SOLICITALA?

As solicitudes deberán cumprimentarse mediante o formulario accesible por internet na seguinte ligazón:

https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1886

ONDE ENTREGALA?

Unha vez cumprimentada a solicitude telemática, deberá imprimir o modelo en formato PDF e presentalo xunto coa súa sinatura e a dos membros computables da familia no centro educativo onde o alumno estea matriculado o vindeiro curso 2023 – 2024.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo para presentar solicitudes estará aberto desde o 08/05/2023 ata o 20/09/2023, ambos inclusive.

ONDE PODO CONSULTAR O ESTADO DA MIÑA TRAMITACIÓN?

A información sobre o estado da tramitación do procedemento poderá consultarse a través da dirección electrónica https://sede.educacion.gob.es/portada.html no apartado “Mis expedientes”. Así mesmo os interesados poderán dirixirse á Unidade de Becas de Lugo identificándose como interesados no expediente co NIF ou NIE correspondentes.

Toda esta información poderá consultarse na Resolución da Secretaría do Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnos con Necesidade Específica de Apoio Educativo para o curso académico 2023/2024.

Neste anterior documento tamén se poderán consultar os límites de renda e patrimonio que forman parte dos requisitos económicos das familias solicitantes así como as clases de contías e subsidios aos que poden optar.

Información máis resumida nesta ligazón: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

Nesta convocatoria inclúese tamén o subsidio extra de 400€ por gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización dos alumnos con Necesidade Específica de Apoio Educativo. Son de contía fixa e finalidade xeral e poderá ser percibido por tódolos solicitantes que reúnan os requisitos dos artigos 2 e 3 de dita convocatoria.

 

 

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN. CURSO 2023/2024

       Están publicadas, no taboleiro de anuncios do centro, as Listaxes Provisionais do alumnado que solicitou praza para o vindeiro curso.                                                                             Ábrese un período de 5 días hábiles, dende o 26 de abril, no que se poderá presentar reclamación ante o consello escolar do centro.

SEMANA SEN VEHÍCULOS A MOTOR

INAGURAMOS BIBLIOLIBRÌN

LISTAXE

Publicada no taboleiro de anuncios do centro a Listaxe de solicitudes a baremar, cos números aleatorios de desempate que lle corresponden. Curso 2023/2024

ADMISIÓN CURSO 2023 / 2024

PRAZOS

Do 1 ao 20 de marzo abrese o proceso de admisión de alumnas/os de novo ingreso. Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG do 08/11/2022). Prazo de preseentación, do 1 ao 20 de marzo. O impreso podese descargar en www.edu.xunta.es/servizos/admisión alumnado, no arquivo adxunto debaixo deste texto ou recollelo no centro.

Podese presentar telemáticamente ou presencialmente, no centro, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

INFORMACIÓN:

1.-Os alumnos/as matriculados neste centro non teñen que facer reserva de matrícula de cara ao vindeiro curso escolar, estarán matriculados automaticamente.

2.- O alumnado que queira trasladarse a outro centro, terá que:

- Solicitar en Secretaría un Certificado de Matrícula que entregará no Centro ao que queira trasladarse.

- Presentar a solicitude de admisión xunto có Certificado de matrícula no centro novo no que desexe matricularse.

3.- Cada alumna/o só pode presentar unha solicitude de admisión, nela pode pedir ata 6 centros por orde de preferencia e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.

A solicitude terá que vir asinada polos dous proxenitores.

4.- Chegado o caso de ter que aplicar o baremo ( número de solicitudes presentadas superior ao de prazas ofertadas polo centro), abrirase un prazo, de 10 días hábiles, contados dende o dia 21 de marzo para achegar, de forma presencial, a documentación xustificativa dos criterios de baremo.

O criterio complementario aprobado polo Consello Escolar deste centro é:

“Que ámbolos dous proxenitores ou titores legais teñan responsabilidades laborais, o que terán que acreditar documentalmente”

5.- As listaxes provisionais publicaranse o día 25 de abril.

      Prazo para formular reclamacións: do 26 ao 30 de abril, ambos incluídos.

6.- Listases definitivas:15 de maio.

7.- Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

9.- Os servizos Complementarios que oferta o centro son:

  • Servizo de transporte.

  • Servizo de comedor.

  • Servizo de madrugadores.

DOCUMENTACIÓN PARA A ADMISIÓN

- Solicitude de admisión, ANEXO II, cuberta e asinada polos dous proxenitores.

- Fotocopia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure a/o alumna/o e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio deberase achegar, ademáis, a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia da/o menor.

- Certificado de empadroamento.

NÚMERO DE PRAZAS OFERTADAS PARA O CURSO 2023 / 2024

 

O número de prazas dispoñibles, para o vindeiro curso, neste centro son:

 

             de Educación Infantil …………................. 25 ( 22+3 )

          5º de Educación Infantil ……………………......   5 

6º de Educación Infantil …………………….. 23

 

TODO O NOSO APOIO A TURQUÍA

Dende a escola queremos dar todo o noso apoio  e amor, neste día tan especial, o día do Amor, ás nosas compañeiras tucas do proxecto Etwinning.

Distribuir contido


by Dr. Radut