Skip to Content

3 DE DECEMBRO-DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Esta semana estivemos a traballar na escola e dentro do proxecto Inclué-t  o lema "Somos iguáis,somos diferentes". 

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES

IGUÁLA-T

Dentro dun dos proxectos dos contratos programa da Consellería está IGUÁLA-,  que ten como obxectivo fundamental promover e normalizar a igualdade de xénero como un dos dereitos fundamentais das persoas. Por ese motivo non podemos deixar visibilizar o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia conta a Muller, para iso a nosa proposta deste curso pasa por recoñecer as nosas avoas como referentes femininos, gracias a elas conseguimos dereitos e non deixaron nunca de loitar contra a violencia de xénero para facer un mundo mellor.

Por iso este venres,  25 N,  queremos convidalas a pasar con nós e cos seus netos unha xornada especial no noso centro.

Agardamos que veñan con ilusión e alegría como así as recibiremos.

 

VIII CONCURSO TRABALLO POR PROXECTOS

 A nosa comunidade educativa está de noraboa, vimos de recibir, tal e como aparece na Resolución que onte publicou a Consellería de Educación e Cultura na súa páxina principal, un dos premios do VIII Concurso de Traballo por Proxectos, en concreto co proxecto EMOCIONÁMONOS.

Un proxecto desenvolvido durante todo o curso pasado e que  supón un recoñecemento a labor de todo persoal deste centro pero tamén a inestimable colaboración de todas as familias que o formamos. Resultou un proxecto moi significativo e, como non, emocionante no que tamén colaboraron alumnos do noso centro adscrito CEP Lois Tobío co mestre de música Iván Vale á cabeza, ó  que damos as grazas dende aquí pola súas aportacións e moi bo facer, este premio tamén é para eles.

Isto reafirmanos na idea de que o traballo entre todos, en colaboración e harmonía, sempre suma e da moi bos froitos e non polos premios, que tamén, se non polo proceso e polos resultados finais que sin dúbida melloran a  aprendizaxe significativa e a calidade da ensinanza dun centro  que traballa arreo por mellorala cada día, por ende, por mellorar o futuro do noso alumnado e da sociedade en xeral.

Tamén supón unha alegría que outros dous centros da Mariña, xunto cos que formamos a Microrrede de bibliotecas escolares desta comarca dende os inicios, veñan de recibir cadanseu premio, para béns para eles tamén.

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2022-2023

           Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/2023 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 2 de xuño).

 

As clases darán comezo o día 8 de setembro de 2022 e rematarán o

día 21 de xuño de 2023, ambos inclusive.

 

Períodos de vacacións:

 

Nadal: dende o día 23 de decembro de 2022 ata o 6 de xaneiro de

2023, ambos inclusive.

 

Entroido: 20, 21 e 22 de febreiro de 2023.

 

Semana Santa: dende o día 3 ao 10 de abril de 2023, ambos

inclusive.

 

 

   Días non lectivos:

 

     Día do ensino: 31 de outubro de 2022.

 

     De elección propia: 15 e 16 de maio de 2023

       

MADRUGADORES

       O vindeiro luns, día 3 de outubro, ponse en marcha o servizo de madrugadores. As persoas interesadas en solicitar este servizo poden pedir información na secretaría do colexio ou chamando ao teléfono 982 870 957.

INICIO DO CURSO 2022 - 2023

        O claustro da EEI San Roque, quere darvos a benvida a este novo curso e informarvos de que o vindeiro martes día 6, ás 19:30 horas, teredes reunión xeral nas aulas, para informar do novo curso e poder ter unha primeira toma de contacto coa titora da vosa filla ou do voso fillo.

       - 4ºA. Titora: Rocío. Aula 3 piso baixo

       - 5ºA. Titora: Carmen. Aula 2 piso alto

       - 5ºB. titora: Jacinta. Aula 3 piso alto

       - 6ºA. Titora: Uxía. Aula 1 piso baixo

EXPOSICIÓN DA MICRORREDE DA MARIÑA

A VOLTA COAS PALABRAS é o titulo da exposición conxunta das bibliotecas dos centros que formamos a MICRORREDE DA MARIÑA que podedes visitar do 9 ao 13 de maio no salón de plenos do Concello de Viveiro. Unha exposición de cadros con códigos QR onde aparecen as aportacións que fixestes dende as familias. Esperamos que disfrutedes tanto das obras como das lendas e contos que aparecen na obra do noso centro "Paisaxe en palabras"

 

Distribuir contido


by Dr. Radut