Skip to Content

MATRÍCULA CURSO 2024-2025

 

       O prazo para entregar a matrícula do alumnado de novo ingreso que solicitou praza neste centro é do 24 de xuño ao 1 de xullo, en horario de 10:30 a 12:00.

       Haberá que presentar o Impreso de matrícula cuberto, xunto coas autorizacións e as solicitudes de Transporte e/ou Comedor para aquelas familias que o solicitaron. Todo elo acompañado de:

       - 3 fotos  tamaño carnet.

       - Certificado médico no que se faga constar que o/a neno/a ten postas tódalas vacinas que lle corresponden pola súa idade.

       Teléfono de contacto: 982 870 957

 

       Os impresos pódense retirar no centro ou descarglos  nos Arquivos adxuntos:

 

TRÍPTICO LIMPEZA DO ENTORNO NATURAL

 

PROGRAMA OBSERVA-ACCIÓN

E chegou a nosa quenda!! Despois de ser observadas polo profesorado do CRA Mestre Manuel Garcès o pasado 1 de marzo agora tócanos a nós facer a visita o próximo 19 de abril. 

Este programa permìtenos ter novas experiencias de cara a mellorar na nosa pràctica docente.

Estamos moi emocionadas e con moitas ganas!!

 

PARTICIPACIÓN EN PROXECTOS EUROPEOS ETWINNING

Coa finalidade de cofraternizar con centros escolares europeos perseguindo obxecruvos comunes, apuntámonos dende fai xa tres cursos a esta nova experiencia, os proxectos Etwinning. Este curso o alumnado de sexto de infantil està participando non só en un senón en dous proxectos:

 MY COMMUNITY, YOUR COMMUNITY, OUR WORLD

AGASALLOS DE NADAL: as nosas recomendacións

Como ben sendo de costume en tempo de Nadal achegámosvos unhas recomendacións de lecturas e xoguetes didácticos.

PRESENTACIÓN DA ANPA

CALENDARIO ESCOLAR. CURSO 2023/2024

 Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar
para o curso 2023/2024 nos centros docentes sostidos con fondos públicos
na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 16 de maio).

 

 

As clases darán comezo o día 11 de setembro de 2023 e

rematarán o día 21 de xuño de 2024, ambos incluídos.

     

       Períodos de vacacións:

       

           - Nadal:dende o día 22 de decembro de 2023 ata o 7 de xaneiro de                         2024, ambos incluídos.

 

            - Entroido: 12, 13 e 14 de febreiro de 2024.

 

           - Semana Santa: dende o día 25 de marzo ata o día 1 de abril de                                           2024, ambos incluídos.

 

 

          Días non lectivos:

 

             - Día do ensino: 7 de decembro de 2023.

 

             - De elección propia: 29 e 30 de abril de 2024.

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA, DÍA DO PIXAMA

Celebramos o DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA recordando un dos dereitos fundamentales, o dereito a medrar en familia. Por iso este centro sumase a iniciativa do DÍA DO PIXAMA proposta por ASEAF e a asociación galega ACOUGO, para visibilizar que na nosa Comunidade Autónoma hai máis de 2000 nenos e nenas que carecen dunha familia, que necesitan unha familia acolledora.

DÌA DO PEÓN

O vindeiro mèrcores 15 de novembro, para conmemorar o dìa do peón, queremos convidar aos avós e avoas vir xogar con nós a este xoguete de tradición galega, a oartir das 13:15. Anumàdevos!!!

FAMILIAS ACOLLEDORAS

A biblioteca ofrece a toda a nosa comunidade, o vindeiro mércores día 8 de novembro ás 17 h., unha actividade divulgativa sobre familias acolledoras por membros de ASEAF Galicia.Esperámosvos!!!

Esta é unha actividade prevía para sumarnos a outros centros escolares coa celebración do DÍA DO PIXAMA o luns día 20.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut