Skip to Content

TORTU E PINCHITOS QUEDAN NA CASA

Supoño que os nenos e nenas de cuarto de infantil vos estades a preguntar quen está a coidar das nosas mascotas xa que levamos uns cantos días sin poder voltar á escola. 

Contamos coa axuda de Merce que lle bota todos os días de comer e muda a auga da sua casiña cando fai falta. Así que non vos preocuedes que cando regresemos ás aulas Tortu e Pinchitos estarán agardando a que nos sigamos nós coidándoas tan ben como o estabamos a facer. 

Si queredes ver como están ao longo deste confinamento pincha AQUÍ

QUEDATE NA CASA - PARA DESFRUTAR COA FAMILIA

Queridas familias,

nestes difíciles momentos para todas e todos, temos a responsabilidade e a obriga de coidarnos para coidar aos demáis. Por toda esta nova situación, que se alonga, o profesorado deste centro quere mandarvos unha mensaxe de MOITA SERENIDADE e MOITO AGRADECEMENTO polo civismo que estamos a demostrar como pobo.

Queremos facervos propostas para que pasedes un anaco entretidos e manter ocupadas/os ás nenas e nenos

Desexamos volver a atoparvos a todos e a todas canto antes, sans e con moita forza.

BICOS E MOITO ÁNIMO

 

 

 Unha morea de recursos para todas e todos-  

- contos, curtas, actividades:

OQO FILMES

KALANDRAKA TV

TRASTADADEMAMÁ

DO MUSEO A ...

-actividades

AULAS GALEGAS

 

-actividades creativas para facer en familia

MAN ROBÓTICA

COCHE CON GOMA ELÁSTICA

ORIGAMI FÁCIL

 

ANIMÁDEVOS, TODAS AS FAMILIAS PODEDES MANDAR FOTOS (non é necesario ver as caras só a actividade) DAS VOSAS CREACIÓNS AO CORREO:

familiassanroque@gmail.com

 

 

AVISO

 

     Á vista do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da  situación  de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 en todo o territorio, este centro educativo habilita o seguinte teléfono de información:

   646 148 944, en horario de 10:00 a 13:00 horas

INFORMACIÓN PROCESO DE ADMISIÓN

 

 

    Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de Solicitudes de Admisión, que finalizará unha semana despois do reinicio das clases.

    Recomendase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

 

   

 

ESCOLA DE NAIS E PAIS

                    Mañá mércores, día 4 de marzo de 17:00 a 18:00 horas, terá lugar unha nova charla da Escola de nais e pais que agardamos sexa do voso interese. Falaremos da alimentación saudable e do etiquetado dos alimentos.

                      Agardamos a vosa presenza!!!

 

CAMBIOUCHE BEN O CONTO

 

 

AVISO PARA 6º DE EI: RESERVA AO LOIS TOBÍO

Estimadas familias,

Recordarvos que o vindeiro luns, día 17 de febreiro, remata o prazo para entregar no noso centro o impreso da reserva para o Lois Tobío (centro ao que estamos adscritos) que vos foi enviado.

 

ESCOLA DE NAIS E PAIS 2020

,Queridas familias esperamos que este novo ano sexa bo para todas e todos.

Comenzamos o ano e este 2º trimestre, coa primeira actividade da Escola de nais e pais, será o vindeiro mércores día 15 de xaneiro, ás 17:00, versará sobre "DISCIPLINA POSITIVA".

Agardamos que todas as propostas que poñemos en marcha a través da Escola de nais e pais sexan do voso interese.

ESCOLA DE PAIS E NAIS

Invitamos a toda a comunidade educativa a 2º actividade da ESCOLA DE NAIS E PAIS QUE TERÁ LUGAR NO CENTRO O VINDEIRO MÉRCORES DÍA 20 DE NOVEMBRO ÁS 17:00.

FALAREMOS DUN TEMA DO VOSO INTERESE: DISCIPLINA POSITIVA 

PEDICULOSE

LEMBRÁMOSLLES A TODAS AS FAMILIAS A REVISIÓN PERIÓDICAS DAS CABEZAS DOS NENOS E NENASCO FIN DE PREVIR OS POSIBLES CASOS DE PEDICULOSE (PIOLLOS)

Distribuir contido


by Dr. Radut