Skip to Content

Pedagoxía Terapeútica

MEMORI

A nosa compi Carla de 5º B, quere compartir con nós, un dos xogos para traballar a atención e a memoria, propostos no apartado de Pedagoxía Terapéutica, para o que nos manda un vídeo moi chuli (PINCHA AQUÍ)

Percepción espacial e lateralidade

A orientación espacial e a lateralidade son dous conceptos moi relacionados que inflúen en aspectos tan variados como a percepción do mundo, do noso corpo e do dos demais, ou o caso da lectoescritura, entre outros.

Por iso, é moi importante traballar estes aspectos para que o neno poda percibir o mundo que o rodea, que sexa consciente do seu propio corpor e do dos demais... Cando estes aspectos están traballados o neno e a nena están preparados para iniciarse na lectoescritura.

A continuación, preséntovos algunhas actividades que vos servirán para traballar estes aspectos e polo tanto, preparar as funcións que fan posible que desenvolva a lectoescritura nos nenos e nenas.

- Construír unha carreira de obstáculos con mobles e materiais doutros xogos. Planificar de que maneira se moverá na carreira de obstáculos, utilizando termos espaciais como: enriba, abaixo, arredor, etc. Animar ao neno/a a que explique os seus movementos ao longo do percorrido. Isto axudaranos tamén a traballar o equilibrio

- Animar ao neno/a a deseñar a súa propia carreira de obstáculos

- Atrapar un obxecto lanzado e lanzalo de volta

- Xogar ao "3 en raia" ou ao "Conecta 4"

- Utilizar papel cuadriculado para debuxar liñas dun punto a outro, reducindo gradualmente o tamaño. Tamén o podedes utilizar para que copien debuxos, como estes que vos mostro a continuación:

 

- Outra forma podería ser, pintar as cuadrículas dado un modelo

 

- Xogos para unir puntos, números ou letras

 

- Localizar obxectos escondidos

 

- Recoñecer diferentes formas e siluetas

 

- Labirintos

 

 

Se necesitades algunha actividade máis para traballar estes aspectos non dubidedes en solicitalas a través do correo electrónico: olallacampos@edu.xunta.es, e enviaránsevos na maior brevidade posible.

Unha morea de apertas

XOGOS E ACTIVIDADES PARA TRABALLAR A ATENCIÓN E A MEMORIA

Sabemos que ante a situación que estamos a vivir, ás veces, é un pouco complicado conseguir que os nenos e nenas se concentren nas actividades. Ante todo dicirvos que é o máis normal, nesta situación. O importante ante estas circunstancias é que os nenos e nenas realicen actividades que lles gusten e sobre todo, que xoguen moito.

Por iso, desde a aula de Pedagoxía Terapéutica, recomendámosvos unha serie de xogos e actividades que vos axudarán a traballar a atención, memoria e concentración.

Os xogos que se poden utilizar para estimular a atención e a memoria nos nenos e nenas, son realmente variados; pero dentro da súa ampla oferta, os seguintes son, sen dubidalo, algúns dos máis efectivos:

- Os xogos de naipes, como os daas parellas (tamén nos axudan a estimular a asociación visual)

Xogar ao dominó (axuda tamén a desenvolver a discriminación, agudeza e asociación visual): pode ser de cores, dominó tradicional ou de obxectos ou animais.

Lotería: terán un cartón con imaxes, as cales sairán aleatoriamente dunha bolsa. O que primeiro encha a táboa gaña (isto esixe que os nenos e nenas estean moi atentos ás imaxes que saen)

- Quebracabezas: 

Memory:

 

 

 

 

- Busca do tesouro: escodede pola casa determinados obxectos, que lle presentedes con antelación, para que os busque (poden ser pezas dun quebracabezas para que monte despois; pezas de construción e un debuxo que teñan que montar despois con esas pezas...)

- Asociación visual: encontrar a parella (esixe constancia e concentración)

Atopar diferenzas entre imaxes

 

Identifica ao intruso: nun conxunto de imaxes terá que identificar o que non se relaciona

Labirintos:

- Mandalas: 

 

Se necesitades algunha actividade máis para traballar estes aspectos de atención e memoria non dubidedes en solicitalas a través do correo electrónico: familiassanroque@gmail.com, e enviaránsevos na maior brevidade posible.

Unha morea de apertas

 

 

Actividades para traballar a motricidade fina

Ola!!!!!

Que tal levades outra semana máis desta situación excepcional que estamos a vivir??? Ante a mesma, sei que moitos de vos, estádesvos quedando sen ideas para as vosas actividades cos nenos e nenas, por iso para facer máis levadíos estes momentos, desde aquí gustaríame propoñervos algunhas actividades para traballar a motricidade fina, que lles axudará, a crear unha destreza imprescindible para realizar moitas das actividades cotiás e, tamén, para iniciarse, máis tarde, na escritura.

Estas son as miñas propostas, enviade fotos aportando as vosas ideas ou realizando estas mesmas:

- Ensartar materiais (macarróns, boliñas...) en paus, cordeis... 

- Seguir trazos en diferentes soportes utilizando diversos materiais (chapas, gomets, boliñas...)

- Xogar (amasar) con plasti, masa de modelar, area máxica, pasta de sal, fariña...

- Facer boliñas con diferentes tipos de papeis (charol, seda, pinocho...) e despois podedes utilizalos para facer un collage

- Facer transvasamento de boliñas, canicas..., dun envase a outro, coa axuda dunha pinza

- Facer camiños con gomas ou insertalas en soportes

- Espremer froitas (limóns, laranxas...); raiar alimentos (cenorias, queixo...); ou pelar alimentos (cebolas, mandarinas...)

Espero que estas propostas vos axuden a facer voar a vosa imaxinación con moitas actividades máis para traballar estes aspectos. 

Un saúdo e moito ánimo!!!

 

A mover o corpo!!!!

Aquí vos deixo unha proposta para mover o noso corpo, que non todo vai ser traballar. Esta proposta está recollida no libro-disco Brinca vai!!! do noso amigo Paco Nogueiras, que tanto nos gusta e tanto bailamos no cole os días de choiva. A bailar todo o mundo con "Meu o mundo é".

 

Ánimo e moita forza

Ola a todas e todos!!!!

Gustaríame mandar todo o meu apoio, ánimo e forza para sobrelevar a situación na que nos atopamos. Entre todos, unidos, conseguiremos saír adiante, e na maior brevidade atoparnos no cole e abrazarnos moi forte.

Mentres tanto, e sabendo que as horas se fan eternas, gustaríame propoñervos unha serie de actividades e recursos para facer máis levadía esta situación.

O máis importante é que todo pareza un xogo, actividades que nos gusten e que produzan en nós unha ledicia especial; por iso, deixádeos manipular, mancharse, brincar,...

De aí, esta serie de actividades que o que pretenden é espertar todos os nosos sentidos (a verdadeira esencia da aprendizaxe de todos), e que axudan a traballar todo o resto dos procesos que se producen para a aprendizaxe (podedes consultar algunhas fotos das actividades nos arquivos adxuntos).

 Para traballar o sentido da vista:

- Lámpadas de lava

- Botellas da calma

Para potenciar o sentido do oído:

- Bailar e cantar

- Xogar con instrumentos musicais

- Facer instrumentos musicais con material de refugallo

Para potenciar o sentido do olfacto:

- Elaborar saquiños aromáticos

- Discriminar diferentes olores dentro de botes

Para estimular o sentido do gusto:

- Degustación de difentes líquidos (leite, auga, zume...)

- Degustación de diferentes sabores (amargo, doce, salgado, ácedo)

Para traballar o sentido do tacto (recordade que o tacto témolo por todo o corpo):

- Manipular materiais de diferentes texturas 

- Facer collage con diferentes materiais

E a pesar de que tod@s pensamos que só temos 5 sentidos, en realidade, temos outro moi importante, e que se encarga do noso equilibrio, o sentido vestibular:

- Equilibrios sobre diferentes materiais: pelotas de ioga, coxíns de diferentes tamaños...

- Actividades de ioga (para nenos). Podedes atopar moitos enlaces coma este en internet: https://www.youtube.com/watch?v=3bjggxDiXyk

 

 Ata mañá

 

Pictogramas

Este  un material moi util para crear os nosos propios paneles de pictogramas e poder traducir textos de contos para os noso alumnos.

Distribuir contido


by Dr. Radut